Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I festival Bailando entre os Toxos (Ribeira)
A asociación Flor de Toxo ten previsto realizar cada ano un festival solidario para recadar fondos para axudar ás oenegués de Ribeira. En cada edición, o diñeiro logrado destinarase a unha entidade benéfica diferente. A celebración deste ano, denominada Bailando entre os Toxos, terá lugar mañá mesmo, e os fondos que se consigan coas entradas, que custarán 4 euros, irán destinados integramente a Cáritas de Ribeira.

Onte tivo lugar a presentación deste festival, e no acto participaron o presidente de Flor de Toxo, Francisco Javier Gómez; o portavoz da asociación, Luis Fernández; o concelleiro de Cultura de Ribeira, Luciano Fernández, e o de Xuventude, Vicente García. O dirixente de Flor de Toxo mostrou a súa ilusión por esta iniciativa: «Queremos que Ribeira teña un festival solidario de referencia en Galicia», e mostrou o seu agradecemento polo apoio que o Concello ribeirense prestoulles desde o primeiro momento en que expuxeron a súa idea.

Fernández destacou que «existe moita xuventude preocupada por facer actividades» e García sinalou que é unha iniciativa importante para a mocidade e que ten «unha boa finalidade».
A festa será mañá ás 21.00 horas na pista deportiva do Touro e actuarán Manolo Kabezabolo e a súa banda, Pito de Pikasso, Comando Katana, Belfastt e DJ Farruco.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer