Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Mostra do Traxe galego e música tradicional (Melide)
III Mostra do Traxe Galego e da música tradicional

A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide organiza o sábado 28 e o domingo 29 de agosto, na Praza do Convento, a III Mostra do Traxe Galego e da Música Tradicional.
Unha fin de semana para a cultura a través dos sons e dos xeitos de vestir que nos son propios e nos identificaron e identifican como pobo.
Toda a programación desta fin de semana, nesta web.

SÁBADO, 28 DE AGOSTO
Na Praza do Convento

11.45 h Inauguración co grupo de música tradicional Os Rueiriños
12.00 h Obradoiro de enredos musicais con Emilio Lois
18.00 h Grupo de música e baile tradicional Os Rueiriños
19.30 h Animación de rúa cos Terribles de Donas
21.00 h Concerto de portadores con Manuel Viqueira de Ordes
23.00 h Actuación musical con LIMAGOIA (No Cantón de San Roque)

DOMINGO, 29 DE AGOSTO
Na Praza do Convento

12.00 h Obradoiro de xoguetes sonoros con Xaneco Tubío
18.00 h Grupo de música e baile tradicional A Ponte Vella
19.30 h Desfile de traxes tradicionais da Asociación do Traxe Galego
22.00 h Concerto musical co grupo LUDOVAINA

EXPOSICIÓNS

11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Capela de San Antón:
O Traxe Tradicional Galego. Exposición de traxes tradicionais.

11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Praza do Convento
A música tradicional galega nos camiños xacobeos.
Mostra de instrumentos antigos, vestiario, fotografías e outros obxectos relacionados coa música tradicional nas zonas polas que discorre o camiño xacobeo.

ARTESÁNS
Na Praza do Convento

Horario dos stands: 11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h

•Oli Xiráldez (gaitas e requintas)
•Lorena Reinaldo (arpas)
•Xaneco Tubío (percusión e zanfonas)
•Pablo Carpintero (percusión e zanfonas)
•Master Gaita (controlador midi con dixitación de gaita)
•Cristóbal Prieto (pitos, frautas e requintas)
•Alfonso Castro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer