Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa Terra Brava (O Incio)
O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 29 DE AGOSTO

Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá completan a proposta musical deste ano.

Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.

As actividades comezarán pola mañá coa actuación da murga tradicional Os Campantes da Baña, que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada pola murga e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.

Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se completa con A Tuna Rastafari e a súa festa e baile sen descanso, Pan de Capazo - pura enerxía dende a música de raíz -, e Medomedá, que nos presenta o rock galego máis irreverente e divertido do momento. En palabras de Luís Pombo, un dos organizadores, “ano tras ano o festival procura actividades e actuacións para todos os gustos, para a xente nova e para os que vivimos unha segunda xuventude”.

O Festival está organizado pola Asociación Cultural Terra Brava, e conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Xacobeo 2010.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer