Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX Noite da lúa meiga (O Viso-Redondela)
O Monte Outeiro Grande será o escenario dunha nova edición da Noite da Lúa Meiga. Este miradoiro sobre a Ría de Vigo, emprazado na parroquia redondelá do Viso, acollerá a vindeira fin de semana dous días de música, baile, galeguidade e festa rachada.

O sábado 28 o grupo de gaitas ‘Asubíos’ dará o pistoletazo de saída ás 22h30 da noite. ‘A Quenlla’ amosará o seu bo facer e animará a noite con interpretacións coñecidas e populares, cheas de reivindicación. O ‘Leo I Arremecaghona’ animará os cambios de grupos cunha importante carga de humor. Para pechar, o grupo de Redondela que é revelación da música tradicional festiva galega, ‘Tanto Nos Ten’, fará bailar e cantar a todos os asistentes.

Xa o domingo 29 de agosto, na liña de edicións anteriores, contará coa participación de artistas locais, monicreques, subida de meighachimpíns, xantar popular con polbeira e xogos tradicionais. Durante a xornada, nun ambiente familiar e interactivo, o escenario estará a disposición do público.

A información relativa ao programa pódese consultar na web do festival.


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer