Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Respetemos o Serán
Carta no Faro de Vigo

Estamos asistindo na actualidade, a un movimiento fenomenal referente á música e canto popular de tradición. Os seráns, fiadas, foliadas ou ruadas segundo o que se lle chame en cada lugar, están sendo celebracións moi aceptadas, e o obxectivo é: facer festa empregando o canto, a música e os instrumentos tradicionais. Hai que diferenciar un serán de calquera outra troula, pois se ben ten un sentido lúdico, tamén leva engadido o espírito e a filosofía propios de épocas pasadas.

Non debemos chamar seráns, ós festivais ou pupurris musicais, que a miúdo se organizan con diversos fins. O serán é, esmorga de balde para quen queira cantar e tocar, só fai falla, respetar o xeito tradicional de facelo e as normas que cada organización impoña. Os grupos nos amosan a súa sabedoría e arte, emulando aquelas cantareiras con pandeireta ou outros elementos de percusión como a lata, tixolas, culleres etc. As cantareiras, foron o referente máis grande desta festa do común. A Gaita e o acordeón, instrumentos máis escasos naquelas xeiras, eran moi valorados, e onde acudía un gaiteiro, o serán pasaba a ser de luxo. Xotas, muiñeiras e agarrados, puñan movemento a aquelas xuntanzas da mocidade.

O rexurdimento desta ancestral festa na nosa provincia, parte dende hai preto de 20 anos en Paredes (Ponteareas) cunha muiñada e serán. A iniciativa partiu de Domingo Amoedo, home sensible que non foi indiferente ás cantigas de súa nai. Posteriormente, en Pazos de Borbén, xuntou Domingo ás poucas cantareiras e pandeireteiras que aínda recordaban aquelas xoldas tan prezadas ata os anos cincuenta do século pasado, así, espertaron de novo os vellos cantares. As adurmiñadas e oxidadas ferreñas, poñían son a anos de esquecemento; e as pernas cansas e traballadas de mulleres da postguerra, sacaban puntos de baile escondidos xa, no seu subconsciente. As pandeireteiras da Ermida, Sequeiros e Moscoso "competían" con agarimo e paixón, poñendo en proba a súa recen achada memoria histórica do serán. En sucesivos anos, Domingo e seu amigo Manolo "o gaiteiro da nave", foron fomentando pequenos encontros polas parroquias de Pazos que se extenderon máis tarde, cara Toutón, San Vicente de Oitavén, Traspielas, Freaza, Gargamala, Meirol, Soutomaior….

O serán, non é facer festa, para pasalo ben sen máis. Debemos conservar o seu purismo, e só, dende o compromiso e amor polo noso, dende a sinxeleza e espontaneidade das nosas aboas cantareiras e dende a sensibilidade, conseguiremos reproducir no futuro, as mesmas cantigas con fidelidade. As pandereteiras da Ermida, case todas octoxenarias, son un referente activo do que eran noutrora as cantareiras dos seráns, e fonte, onde aínda bebemos os que queremos preservar a nosa lírica popular sen contaminar.

Non lixemos estas xuntanzas e non destruamos a nosa etnografía musical, que é, parte do rico patrimonio inmaterial que aínda temos. Debemos diferenciar entre unha lareira e unha vitrocerámica, entre unha Festa dos Maios e un concerto de panxoliñas, entre unha festa medieval e unha de roqueiros, aínda que nas dúas, vaiamos disfrazados. Ou acaso debemos cantar alalás nunha mostra de habaneras...?

Carmen Álvarez Domínguez - Soutomaior

Espero que compartades a miña reflexión sobre o Serán. Últimamente, só semella, unha festa para pasalo ben e comer. Clarinetaes, saxos, guitarras eléctricas e incluso baixos están invadindo a nosa festa máis ancestral. ¡DEFENDÁMOLO!
Apreixos
Carmiña
Comentarios (8) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-05-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Penso que coa expansión dos Seráns si que se corre ese risco:
- novas incorporacións de xente non tan integrada na música tradicional que ve só o tema de tocar sobre un esceario
- a xente que só ven para comer algo de balde. Inda que sempre é preciso atraer a un público non tan activo, xa que non todo o mundo sabe tocar ou bailar pero si que préstalle escoitar e vivir o ambiente.
-Festas organizadas como seráns que non o son, sobre todo nas cidades, por exemplo as que organiza a sala Nasa, creo que sería máis correcto denominalas foliadas ou festas... xa que dan lugar a deturpar o significado dos Seráns.
-Falta de interese de moi#blgtk08#tos colectivos tradicionais que poderían aportar moito aos seráns tradicionais e recibir ao mesmo tempo: grupos e escolas de baile e música tradicionanais,...
-Endogamia de diversos colectivos que só van a tocar o seu e marchan a continuación ou que só van bailar entre eles e non permiten/saben compartir co resto o baile...

Hai moitas couas a mellorar pero tamén é certo que os Seráns recuperaron a estima pola música e baile tradicional e que é un bo xeito de recuperar o interese e a participación neste ambiente tan enxebre. Hai que dalo a coñecer pero mantendo ese espititu inicial de festa tradicional e colectiva.

Saúdos
Comentario por Xan Lois (26-05-2010 12:31)
2 Por diversas causas levo un tempo afastado dos Seráns pero si que penso que é importante que toda a xente que organiza Seráns, Ruadas, Polavías,... manteña ese xeito peculiar de facer festa e que por sorte ainda temos a oportunidade de disfrutar.

Como en todo hai que actualizarse pero iso non significa desvirtuar, nin o nome, nin o sentido destes encontros festeiros para bailar, tocar e difrutar do bo ambiente#blgtk08# tradicional.

Se non queremos que acaben morrendo debemos coidar as situacións e fortalecer as bases que sosteñen estas festas e non deixarse levar por simplemente por o nome de Serán e xa está, senón así só se conseguirá que morran por dexeneración.

Ánimo a todos os que organizan e participan nos Seráns e agardo vervos no torreiro dos Seráns moi pronto.

Saudinhos a tod@s
Comentario por Henrique (26-05-2010 13:24)
3 Carmiña ,compartimos as tuas reflexions o 100x100 aparte de semellar só, unha festa de comer e pasalo ben, tamén é unha forma de facer un festiva#blgtk08#l de música tradicional pagándolle os grupos cunhos chourizos e un viño regular.

bicos . rosalia e xosé de “os Chichisos”
Comentario por Xosé (26-05-2010 22:00)
4 Tamén hai que ter en conta a forma de apuntar os grupos. Na miña opinión creo que non se debería apuntar os grupos "o tun tun", según lle conveña os catro ou cinco de sempre. Iso desmoraliza os grupos xa que chegan as 10 da noite, cando non hai ninguen no torreiro, e teñen que tocar as 2 ou 3 da mañá (e estou falando de grupos plenamente tradicionais). A xente pregúntase: onde está a xente?? e a resposta: Apuntados na libreta... A min personalmente dame igual cando tocar xa que canto mais dure a festa mellor, pero moitos destes grupos#blgtk08# estan formados por xente maior que non aguantan ata tan tarde e vai cedo para poder marchar as 12 ou a 1 da mañá.
En resumo creo que se debería apuntar os grupos según van chegando, e non que unha persoa apunte a 5 ou 10, ou que se apunte por teléfono, xa que iso me parece inxusto e inrespectuoso cos demais. QUE VIVA A FESTA E QUE ISTO NON ACABE NUNCA!!!! iso si... dun xeito ordenado e no que poidamos tocar todos e todas, ademais de botar uns bailes e ligar con algún repoludo gaiteiro, que a noite da para moito
Un biko
Comentario por Silvia (pandereteira de Regodobargo, entre outras (27-05-2010 22:57)
5 Por certo de que serán é a f#blgtk08#oto?? Xa non me lembro...:s
Comentario por Silvia (a que baila na foto e a mesma de antes) (27-05-2010 22:59)
6 ole#blgtk08#
Comentario por (31-05-2010 12:55)
7 Zcxc#blgtk08#xzc
Comentario por ugg boots (13-10-2011 07:58)
8 Zcxc#blgtk08#xzc
Comentario por ugg boots (13-10-2011 08:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer