Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Loretta Martin
Os coruñeses Loretta Martin veñen de retomar a súa carreira musical. O grupo toma o seu nome dun personaxe da canción de The Beatles Get Back, que significa regresar, por iso Brais Morán, guitarra e voz, asegura que «agora todo cadra mellor que nunca».

-¿Por que este regreso tras dous anos de silencio?

-Porque a música é unha necesidade e unha forma de vida. Fran Sanz [baixo] e mais eu somos moi amigos e sempre tivemos en mente a volta do grupo.

-Presentan un cambio na formación. ¿Que outras novidades vai atopar o público?
-O son e o ritmo son os mesmos. Retomamos a liña de sempre de Loretta Martin, con novos temas e a incorporación de Miguel Cabana en vez de Iago Otero, que sempre vai ser un piar fundamental para o grupo.

-Díxose que inventaran o funk galego. ¿Está de acordo?
-É moito dicir, porque é un estilo bailón, que sempre está de moda e do que hai moitos grupos en Galicia. Pero si que é certo que nese momento [o grupo naceu no 2002] fomos pioneiros ao apostar pola nosa lingua.

-¿Por que esa aposta?
-A iso sempre respondemos igual: ¿e por que non? O galego é a lingua na que nos expresamos, e é coma outra calquera.

-¿Nunca a viron como unha limitación para chegar ao público de fóra?

-Temos tocado en Cataluña e Portugal e comprobamos que non o é. Gusta e mesmo se valora máis: transmítense a fonética e o ritmo, e veno como algo exótico e semellante ao portugués, que está a triunfar na música comercial. Se a xente escoita cancións en inglés sen saber o que din, ¿por que non vai ser igual co galego?

-¿Pensan xa na posibilidade dun segundo disco? (Editaron «Paraíso distante» no 2006).
-Sempre está en perspectiva, e máis porque o primeiro funcionou ben e vendéronse moitas copias. Pero estamos empezando a soar de novo e hai que ir amodo. Agora o primeiro é encher nos concertos

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2010 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer