Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Máis Música (+msc) en Ourense
Máis de 50 grupos ourensáns realizaron xa a súa inscrición para participar no +msc 2010. Debido ao éxito da convocatoria, a Concellería de Cultura de Ourense decidiu ampliar os tres espazos urbanos que acollerán concertos o día 21 de xuño, habilitando un palco máis no barrio do Couto.

A convocatoria continúa aberta, até o 31 de maio, a todos os grupos ourensáns, aínda que se valorará que todos ou algúns dos seus membros pertenzan á cidade e que non teñan participado no anterior +msc 2009.

Os interesados poden obter máis información e realizar a súa inscrición on line a través da páxina web www.maismusica.org.

Os grupos seleccionados terán a oportunidade de actuar dentro dalgún dos catro escenarios urbanos que se habilitarán durante as festas de Ourense o próximo día 21 de xuño.

Na edición do +msc do ano pasado, un total de 27 grupos ourensáns tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas propostas musicais a través dos cinco espazos de concertos que se situaron en diferentes barrios da cidade.

O programa +msc naceu cos obxectivos de: canalizar eficazmente todas as experiencias dos músicos amateurs e profesionais da escena ourensá, mobilizar a presenza dos colectivos emerxentes e acceder en grupo a espazos de comunicación que de forma individual lles estarían vetados á maioría dos músicos.
En definitiva, +msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.

www.maismusica.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer