Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Poñémonos en contacto con vos para convocar o XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Este ano terá lugar o domingo 6 de Xuño, adiantamos a data e a diferencia doutros anos, este ano celebrarémolo pola tarde. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

No caso de dúbidas, as resolveremos por e-mail info@xacarandaina.com ou por vía telefónica 981 277 315.

BASES DO XXXI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
6 de xuño 2010

1. Neste concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o
límite da categoría en máis de dous anos.

A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anos inclusive.
D: de 17 anos en adiante.

5. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandeireteiras... que deberá
estar presente no escenario, vestindo o traxe tradicional.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda ese tempo quedará descualificado.

7. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E., pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente. De darse o caso que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

8. En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo.

9. O xurado estará composto por persoas alleas a A. C. Xacarandaina. O xurado terá a liberdade de
esixir o D.N.I. ou libro de familia, así como establecer premios desertos se así o considera
oportuno.

10. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza.
- Dificultade técnica.
- Calidade na execución.

11. O concurso terá lugar o domingo 6 de xuño POLA TARDE, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ,sito na rúa Rego de Auga. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.

13. O prazo de inscrición remata o día 22 de maio, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL:
A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A. C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315
info@xacarandaina.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-05-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 No Rosalia de Castro#blgtk08#??? que ben non? xD
Comentario por Javi Ponte Vella (27-04-2010 18:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer