Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Categoria A
1º Quintán'' da A.N.P.A do CEIP-Mondego
2º Escola municipal de Folclore-Betanzos
3º Adro'' da A.C Adro-Baio

Categoria C:
1º Morazón da A.M.D.T. Queiroa-Mondego
2º Chiculateiras'' da A.X.''Xiradela''-Arteixo
3º Mar Adentro'' da A.C As Neves -Buzantes

Categoría D:
1º A.F.C. "As lagharteiras"
2º "Lilaina" da A.C. O Castro - Miño
3º "Taravela" da A.X. Xiradela - Arteixo

Benqueridos amigos,

A Asociación Cultural Xacarandaina ven de convocar o XXI Concurso de Música Tradicional. Este ano terá lugar o día 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en sesión de mañá e tarde.

Como todos os anos existirán dúas modalidades: pandereteiras e cuartetos de gaita.

BASES DO CONCURSO
XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
23 de maio 2010

1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc.

2. Constará de dúas modalidades:
-Pandereteiras/os
-Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.

3. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:

Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: de 18 anos en adiante.

4. A modalidade de cuartetos distribúese en tres categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
- Categoría C: de 18 anos en adiante.
A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

5. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.

6. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza.
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. Os premios serán os seguintes tanto na modalidade de pandereteiras/os como na de cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo

9. O concurso terá lugar o domingo 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sito na rúa Rego de Auga, 37. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e a tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

10. O prazo de inscrición remata o día 8 de maio debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL: A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

11. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com

Podedes solicitar as bases e folla de inscrición mediante correo ordinario ou electrónico (info@xacarandaina.com);
o prazo remata o 8 de maio.

Esperamos contar con vós, e pregámosvos lle deades a maior difusión posible do mesmo.

MOITAS GRAZAS,
Comentarios (23) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Noraboa os premiados, creo que estivo moi acertado o xurado cos premia#blgtk08#dos. Tamén foi un placer desfrutar deste concurso no teatro Rosalía.
Comentario por (24-05-2010 08:56)
2 Como quedaron repa#blgtk08#rtidos os premios?
Comentario por (24-05-2010 10:29)
3 penso que estaban merec#blgtk08#idos todos e moi xustos
Comentario por (24-05-2010 20:03)
4 A verdade é que non o recordo moi ben.
Na categoria A
3º''Adro'' da A.C Adro-Baio
2º Escola municipal de Folclore-Betanzos
1º ''Quintán'' da A.N.P.A do CEIP-Mondego

A categoría B e D non as puiden ver!!

Categoria C:
3º''Mar Adentro'' da A.C #blgtk08#As Neves -Buzantes
2º ''Chiculateiras'' da A.X.''Xiradela''-Arteixo
1ºMorazón da A.M.D.T. Queiroa-Mondego

A min tanto na categoria A como na C pareceme xusto os premios, habia grupos bós pero os premios parecenme acertados!

Noraboa para os premiados!

Comentario por Galiza (24-05-2010 20:22)
5 o primeiro premio de A estaba merecido, pe#blgtk08#ro esas non sei como fan que chupan todos!
Comentario por (24-05-2010 20:31)
6 si chupan todo pero seguro que hai moito#blgtk08# traballo detras e o teñen ben merecido!
Comentario por Galiza (24-05-2010 20:37)
7 a min gustoume moito como repartiron os premios,creo que e#blgtk08#staban ben merecidos a cada grupo.
moi bo traballo!
Comentario por (24-05-2010 20:40)
8 si, estas cousas conseguense traballando, mira o grupo morazón, debeu poñerse ben as pilas para remontar desta maneira, en xiradela nada e agora p#blgtk08#rimeiro! ainda que tamen hai que dicir que se estiveran as de donaire non levaban o primeiro, ainda que iso non lle quita valor a o seu traballo
Comentario por (24-05-2010 20:42)
9 Pois eu creo que ainda que estivesen as de Donaire poderian levar premio igual eso depende dos nervios e de como se faga, no sempre sae ben! pero probable que non foran un 1º per poderian ser un 2º ou 3º eso sen dubida!
O grupo morazon a verda#blgtk08#de e que en arteixo o vin e nin comparacion ca actuacion de onte, nada que ver foi un cambio radical pero a peza que levaban era bastante complicada.
e respeto a Donaire recoñezo que son un bó grupo pero eu sempre lles oio tocar a mesma peza..
Comentario por Galiza (24-05-2010 20:46)
10 Claro que lebarian premio ainda que estivera Donaire sen dubida, e depende moito dos nervios porque moitas veces unha peza vai preparada e faise unha mala actuacion polos nervios#blgtk08#, xogante unha mala pasada,e a peza de Morazón facil non era, que porcerto saen en varios xornais, e si, as de Donaire son un bo grupo e respeto as súas cancións pois non sei...
Comentario por (24-05-2010 20:52)
11 En fin ala elas!
A min a actuaciond e onte cas catro categorias encantoume habia nivel, ainda que ten h#blgtk08#abido moito mas nivel pero onte foi agradable estar ali!

PARABENS AOS PREMIADOS E SEGUIDE ASI!
Comentario por Galiza (24-05-2010 21:02)
12 la categoria #blgtk08#D como foron?
Comentario por (24-05-2010 21:24)
13 Categoría D:

1º A.F.C. "As lagharteiras"
2º "Lilaina#blgtk08#" da A.C. O Castro - Miño
3º "Taravela" da A.X. Xiradela - Arteixo
Comentario por (24-05-2010 21:34)
14 la categoria #blgtk08#D como foron?
Comentario por (24-05-2010 21:37)
15 si todos os grupos ficeron un bo traballo e as de morazon vese que traballaron para conseguir#blgtk08# o primeiro
non ai dubida de que Donaire é un bo grupo pero as de morazón tamen o son
Comentario por (24-05-2010 22:12)
16 perdinme que faledes do grup#blgtk08#o de donaire da d? ou da c?
Comentario por (25-05-2010 15:53)
17 da#blgtk08# C
Comentario por (25-05-2010 17:04)
18 e pregunto eu: ¿que terán as de donaire que sempre acabamos #blgtk08#falando delas, para ben ou para mal, inda que non concursen?
Comentario por (25-05-2010 18:33)
19 non tiven oportunidade de ver tódalas categorías... unha pena, parabéns para as nosas pequenas de mondego e tamén para as miñas compañeiras da categoría C, a #blgtk08#seguir así e a currar o ano que ven para xiradela que eu tamén quero levar algo!!!! =P jeje
bicos para todos e parabéns para o resto dos premiados!!!!
Comentario por Iria (25-05-2010 22:25)
20 e a categ#blgtk08#oría C??
Comentario por (26-05-2010 16:23)
21 perdón! na c#blgtk08#ategoría B??
Comentario por (26-05-2010 16:23)
22 Ola a todos. Os gañadores do XXI Concurso de Música Xacarandaina foron os seguintes

Categoría A(ata 9 anos)
1.- Quintán, do CEIP de Mondego
2.- Escola Municipal de folclore de betanzos
3.- Adro da A.C. Adro de baio

Categoría B de 10 a 13 anos
1.- Pedravixía, da A.C. Adro de Baio
2.- Lisquiñas da A.C. O Castro de Miño
3.- A.C. Raigañas de Cerqueda (Malpica)

Categoría C: 14 a 17 anos
1.- Morazónda A.M.D.T.#blgtk08# Queiroa de Mondego
2.- Chiculateiras da A.X, Xiradela de Arteixo
3.- Mar adentro da A.C. As Neves, Buxantes

Categoría D, Me 18 en adiante
1.- A.F.C. As Lagharteiras
2.- Lilaina da A.C. O Vastro de Miño
3.- Taravela, da A.X. Xiradela, Arteixo

Moitas felicidades a todos os premiados.

Dende Xacarandaina queremos tamén invitarvos a que visitedes a nova páxina web da Asociación.

http://www.xacarandaina.com
Comentario por Xacarandaina (30-05-2010 21:41)
23 Ola a todos. Os gañadores do XXI Concurso de Música Xacarandaina foron os seguintes

Categoría A(ata 9 anos)
1.- Quintán, do CEIP de Mondego
2.- Escola Municipal de folclore de betanzos
3.- Adro da A.C. Adro de baio

Categoría B de 10 a 13 anos
1.- Pedravixía, da A.C. Adro de Baio
2.- Lisquiñas da A.C. O Castro de Miño
3.- A.C. Raigañas de Cerqueda (Malpica)

Categoría C: 14 a 17 anos
1.- Morazónda A.M.D.T.#blgtk08# Queiroa de Mondego
2.- Chiculateiras da A.X, Xiradela de Arteixo
3.- Mar adentro da A.C. As Neves, Buxantes

Categoría D, Me 18 en adiante
1.- A.F.C. As Lagharteiras
2.- Lilaina da A.C. O Vastro de Miño
3.- Taravela, da A.X. Xiradela, Arteixo

Moitas felicidades a todos os premiados.

Dende Xacarandaina queremos tamén invitarvos a que visitedes a nova páxina web da Asociación.

http://www.xacarandaina.com
Comentario por Xacarandaina (30-05-2010 22:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer