Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Narf
Hoxe ás 18.30 horas no teatro da Universidade de Vigo.

Fran Pérez, que desde o 2006 creou unha nova identidade artística baixo o nome de Narf, leva máis de vinte anos no mundo da música, desde a escena rock dos 80 con Nicho Varullo ou os Kinindiolas, á composición para a escena teatral. Hai dous anos coñeceu ao guitarrista e cantante africano Manecas Costa e xuntos crearon o espectáculo Aló Irmao , que hoxe (18.30 horas) presentan no teatro da Universidade de Vigo.

-¿Como xurdiu esta «fusión»?
-Coñecémonos/Coñecémosnos nun dos encontros de artistas lusófonos, os concertos Cantos dá Maré e xurdiu unha boa química nos camerinos. Dese encontro quedou a idea de facer algo xuntos e aínda que o normal é que nunca se faga nada, un tempo despois ofrecéronme facer un concerto acústico en Santiago e pensei en chamarlle, pero ademais, no canto de facer el as súas cancións e eu as miñas, propúxenlle que compuxésemos xuntos e para a miña sorpresa, aceptou. En principio era só para ese día, pero resultou tan ben que continuamos.

-E atópanse de cando en vez, ¿non?
-Si, cada un segue cos seus propios proxectos. Él vive en Lisboa e eu en Santiago e xuntos traballamos por ciclos, dependendo do que salga. Por exemplo, a nosa participación no Womad 2008 abriunos moitas portas a nivel internacional e tivemos a ocasión de actuar en Mozambique e despois fixemos unha xira por Brasil e Arxentina.

-¿O espectáculo é o mesmo ou se vai transformando?
-Si, porque aínda que compoñamos algunha canción nova, o núcleo do espectáculo son aqueles temas que escribimos xuntos, ademais das de cada un. Nos nosos concertos pódese escoitar música en diferentes idiomas, en criollo, galego, portugués, inglés... é bastante políglota e con influencias de todo tipo. é un concerto íntimo. Manecas é un instrumentista excelente que toca o tambor de auga de Guinea Bissau, o baixo, guitarras eléctricas, acústicas, etc. Estamos os dous e un bosque de guitarras ao redor creando sonoridades.

-¿Esta experiencia plasmouse xa nun disco?

-Aínda non saíu, pero si que dentro dun mes supoño que xa estará na rúa. Gravámolo en Santiago en directo en xuño do ano pasado. é a conclusión dunha fase que posiblemente nos abra novas vías.

-¿O proxecto de Narf transformouse polo contacto con Manecas Costa?
-Bo, é que eu sempre tiven estas inquietudes. Non é a primeira vez que fago traballos con artistas africanos, aínda que quizais este tivo máis transcendencia, pero eu fai xa máis de dez anos que viaxo a Mozambique e intercambio experiencias con artistas de alí. De feito cheguei a estrear aquí o espectáculo Bumba cun grupo de percusión. A xente quizais me coñece máis en Vigo por algúns concertos, como cando toquei en Castrelos con Sinistro Total ou este pasado verán con Juan Can, e que non ten moito que ver con esta outra parte miña.

-¿E por que Mozambique?
-Polo meu traballo como compositor de música para teatro. Durante unha época traballei con compañías portuguesas vinculadas co país e sentina moi familiar sen saber o porqué.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2010 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer