Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Libro disco `A nena e o grilo´
O cantor Magín Blanco, acaba de publicar un libro disco adicado ao público infantil publicado por OQO editora, producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, colaboraron Guadi Galego, Ugia Pedreira, Fred Martins ou Tarci Dávila, e tamén João Afonso, nas letras. E que contou coa voz dalgúns nenos e nenas da AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra.

Como traballo conceptual, ‘A nena e o grilo’ sitúase a medio camiño entre o pop e a música de autor, de feito, as armonías vocais son o recurso musical máis empregado. “Interesábanos transmitir o feito de cantar como xogo, divertimento e forma de comunicación, máis que outra cousa”, resume Magín Blanco.

Agora, o resultado dese traballo de equipo será presentado en directo, nun espectáculo familiar no que Magín (guitarra, voz) estará acompañado por Xoán Curiel (guitarra e voz), Sergio Tannus (cavaquinho, guitarra, percusión, baixo e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración). A parte falada adquire unha vital importancia, xa que nos relata dun xeito sinxelo, delicado e sutil, a historia de amizade entre a nena e o grilo, que descobre dimensións determinantes da existencia e abre horizontes positivos e ilusionantes. Tamén cobra especial protagonismo o audiovisual, que nos amosará a parte gráfica realizada por Iván Prieto. Estamos ante unha obra ambiciosa, cosmopolita, que invita a ter fe nos demais, a través dunhas cancións que reparten aloumiños a eito e amosan un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades, sen excluir ao público adulto.

Ligazóns
A nena e o grilo en MySpace

www.folque.com



Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-02-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer