Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O libro sobre instrumentos musicais galegos, entre os 5 máis vendidos
Non hai nin 15 días que se presentou en Santiago e xa figura entre os cinco primeiros libros de non ficción máis lidos en Galicia.

A obra de Pablo Carpintero ‘Os instrumentos musicais na tradición galega’ marcou un antes e un despois na historia da música do país, como recalcou o músico Carlos Núñez, que quixo apoiar coa súa presenza a obra e admitiu sentirse abraiado do traballo levado a cabo por Carpintero. Estar entre as publicación máis vendidas non é máis que un fiel reflexo “dos nosos principais sinais de identidade: a comida, a lingua e a música”, xa que nesa lista aparecen un libro sobre cociña, un dicionario e o propio volume de Carpinteiro.

A través de 500 páxinas, 1000 fotografías e múltiples ilustracións, a obra dá cabida a máis de 140 instrumentos musicais e recolle o traballo levado a cabo por Carpintero nos últimos 15 anos. A principal conclusión tras tantos anos de traballo: darse conta de que “en Galicia contamos cunha riqueza inmensa, algo que acontece en moi poucos países, e é que temos a virtude de que conservamos cadeas evolutivas completas na maior parte dos instrumentos musicais”.

Do paleolítico ao século XX a través da música

Na obra Carpinteiro clasifica os instrumentos musicais seguindo o sistema científico máis empregado en occidente, o de Hornbostel e Sach, que os divide en idiófonos, membráfonos, cordófonos e aerófonos, facendo un viaxe musical a través do tempo, desde o Paleolítico ata o séxulo XX.

www.vigoalminuto.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2010 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer