Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentacións do libro ´Os instrumentos musicais na tradición galega´
Desde o proxecto Ronsel veñen de publicar un libro de interese para todas as persoas vinculadas ao mundo da música tradicional, a monografía "Os instrumentos musicais na tradición galega" de Pablo Carpintero Arias, con deseños de Xoán Ramón Marín Martínez, editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas.

Esta obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A magnitude do traballo vai alén das case 500 páxinas e 1000 fotografías pois desde unha perspectiva científica e rigorosa achega a clasificación dos 144 instrumentos musicais catalogados dentro do sistema científico máis empregado en occidente, a clasificación de Hornbostel e Sach.

Na actualidade estanse a facer presentacións por todo o país, que comezan este xoves día 11 de febreiro de 2010 ás 18.00 h no auditorio David Russell do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Trátase de actos nos que se mesturan as intervencións por parte dos autores, coordinador do proxecto e editores, cun breve pero intenso concerto didáctico de Pablo Carpintero que permite comezar a saborear os contidos do libro.

Outros actos que xa están programados son:

- xoves 18 de febreiro de 2010 ás 20.00 h no salón de actos da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo

- sábado 20 de febreiro de 2010 no programa Lume na Palleira na sintonía da Radio Galega 2 de 16 a 17 h

- sábado 20 de febreiro de 2010 na cidade da Coruña, lugar e hora por determinar

- xoves 25 de febreiro de 2010 ás 20.00 h no museo municipal de Ourense


Na presentación en Vigo participará tamén o gaiteiro Carlos Nuñez.
Comentarios (4) - Categoría: Publicacións - Publicado o 11-02-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Si é o mesmo Concero didáctico que leva facendo estes anos, #blgtk08#xa se fai moi aburrido, a parte de que non aporta nada novo.
Comentario por (11-02-2010 18:46)
2 Eu estiven na presentación.Os asistentes tivemos a oportunidade de botar unha ollada ao libro, pois foron repartidos varios exemplares entre o p#blgtk08#úblico para os examinaren.O traballo é impresionante. Así opinaron os todos presentes,dende o máis anónimo ata o Carlos Nuñez, tamén presente.
Comentario por O Folieiro (11-02-2010 21:01)
3 non fun, e tamén recoñezo non ser un apaixoado da forma da facer as cousas do Sr.#blgtk08# Carpintero, pero teño que recoñecer que esta traballo é inmenso.
Parabéns
Comentario por Thiago (12-02-2010 00:09)
4 o traballo está xenial, Carlos Núñez n#blgtk08#on pintaba nada alí, non aportou nada
Comentario por (12-02-2010 20:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer