Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comunicado sobre o Festival Treme a Terra de Pontedeume
A Asociacion cultural, Treme a terra de Pontedeume, que realiza o Festival Treme a terra que se celebra todos os anos por estas datas, enviou um comunicado que reproducimos a continuación:

Como moit@s de vós saberedes, Treme a Terra é unha asociación cultural que leva máis de 13 anos intentando dinamizar a actividade cultural da vila de Pontedeume. Ainda que traballamos en diferentes actividades (roteiros de sendeirismo, exposicións fotográficas, conferencias, concertos solidarios...) a máis representativa é o festival Treme a Terra, que o presente ano debería cumplir a súa XV edición. O obxectivo do festival, un dos de máis tradición da provincia, non é outro que o de fomentar a música en galego.

O motivo de facer este comunicado é o de denunciar o que consideramos un desprezo por parte dos que actualmente gobernan o Concello de Pontedeume.

* Desde hai dous anos a subvención que se nos concede como asociación cultural vese reducida na súa contía nun 15%, non chegando a cubrir nin o 10% dos custos deste festival.
* A subvención correspondente ao exercicio 2009 ainda non foi aboada.
* Durante a organización do XIV Festival puxéronse todos os impedimentos para a súa realización na pista polideportiva, localización onde levamos máis de 10 anos celebrando esta actividade.
* O 3 de abril presentamos un escrito para facer un festival solidario no que se solicitaba a carpa do concello e outra infraestructura e a actividade non foi realizada cando estaba prevista porque non obtivemos ninguna resposta.
* Tres meses despois volvimos a solicitar a carpa para a actividade antes citada, e a base de insistir personalmente comunicounos Javier Crespo que a carpa non podía ser utilizada porque estaba en moi mal estado. O día da celebración de dito festival, a carpa atopábase na Urbanización Olmo. O festival celebrouse á intemperie, non sen antes ter que pedirlles aos veciños/as que retirasen os vehículos da praza (cousa que tampouco quixo facer o concello).
* O día 8 de outubro presentamos outro escrito informando da nosa intención de celebrar o XV Festival Treme a Terra, pedindo a pista polideportiva para o día 22 de Xaneiro de 2010 e pregando unha resposta. De novo non houbo contestación, polo cal o día 4 de decembro solicitamos a Eugenio Pena unha reunión co alcalde. Citounos o día 10 de decembro ás 10 da mañá, presentámonos 2 membros da asociación pero esta vez a sorpresa foi que non fomos recibidos.

Dende Treme a Terra recoñecémoslle ao PP a lexitimidade para gobernar, xa que foi escollido polo Pleno Municipal para desenvolver esta labor. Respectamos que non se impliquen no eido cultural xa que non teñen a obriga legal de facelo. Pero esixímoslles que cando menos non boicoteen as iniciativas que abrollan dende as asociacións para dinamizar a vida cultural da vila. A riqueza dun pobo non se pode medir só dende parámetros estrictamente económicos, e unha sociedade culturalmente activa é unha sociedade con maior calidade de vida.

Para rematar, pedímoslles que abandonen as actitudes galegófobas que amosan tanto a nivel local como nacional. Pedimos que respecten os nosos sinais de identidade, sinais que nos fan únicos nun mundo cada vez máis uniforme. Non podemos esixir respecto cando nós mesmos/as non nos repectamos.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer