Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Deputación de Ourense exclúe o galego dunha publicación sobre A Gaita
A Asociación de Gaiteiros Galegos considera inaceptable que unha institución pública ignore o noso idioma nunha publicación sobre A Gaita.

Moi recentemente vense de editar unha obra de Fritz Schneider sobre a gaita de fol en Europa. A obra contén máis de 150 fotografías de iconografías sobre este instrumento que representan as culturas tradicionais de practicamente todos os países europeos. Cada iconografía acompáñase dun texto, todos xuntos van construíndo unha pequena historia da gaita de fol en Europa. A obra está editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, coa participación directa do seu director Xosé Luís Foxo segundo consta nos agradecementos. A obra foi editada en catro idiomas: alemán, francés, inglés e español.

Para a Asociación de Gaiteiros Galegos é inadmisible que unha publicación editada con cartos de todos os galegos a través dunha institución pública sexa escrita en catro idiomas agás o galego. Cando se le o título resulta sorprendente atoparse co seguinte texto: Die sackpfeife/La cornemuse/The bagpipe/La gaita, trátase dunha publicación tretralingüe, feita desde un organismo público galego, na que o noso idioma non é un dos empregados. Segundo a Asociación de Gaiteiros Galegos “A aldraxe para a nosa cultura chega por veces a extremos desconcertantes dende determinados estamentos que atacan a liberdade cultural”. Dende a AGG afirman que “parece claro que existe, desde as institucións gobernadas polo Partido Popular, unha presión para eliminar da rúa o noso idioma, este libro non é máis que unha clara e perfecta mostra da nova política lingüística do goberno e do que o novo decreto do galego tentará co noso idioma: eliminalo”.

Segundo directivos da Asociación de Gaiteiros Galegos “esta publicación non é máis que unha continuación do ataque á nosa cultura iniciado polos responsables da Deputación de Ourense coa creación da Escola de Gaitas e a Real Banda de Gaitas”, Para os membros da AGG as formacións de bandas de gaitas impulsadas dende o ente provincial ourensán levan consigo unha desnaturalización intencionada da figura do gaiteiro como parte da nosa identidade cultural e do noso feito diferencial como país.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2010 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Amigo Sancho... Con#blgtk08# Foxo hemos topado
Comentario por Xabier (20-01-2010 10:37)
2 e que sepades que o concurso de bandas #blgtk08#de gaitas se vai celebrar en Compostela
Comentario por (20-01-2010 10:44)
3 Supoño que falarás da final da liga de gaitas marcianas, a que se celebraba tódolos anos en Manzaneda...<#blgtk08#br />
Agora so teñen que eliminar as xornadas en Santiago e traer a Juan Pardo y Los del Río...
Comentario por Xabier (20-01-2010 11:20)
4 Ano Xacobeo...en Compostela. Por casu#blgtk08#alidade non serán subvencionados non?
Comentario por (20-01-2010 15:44)
5 E que opinará o señor Fritz Schneider? No prólogo do libro afirma que veu a Galiza xa hai máis de 30 anos atraído polo feito de ter #blgtk08#unha cultura musical conservada case intacta dende tempos moi antigos.A AGG debería informalo da situación e das amistades que ten.
Comentario por Folieiro (20-01-2010 16:22)
6 Faime moita graza que en vez de falar de que temos unha nova publicación feita por alguén fora de Galicia, con varias traducións para favorecer a sua divulgación. Ademais... algún de vos o#blgtk08# iba a ler? así vai o pais e a nosa música, estancada gracias aos pensamentos primitivos. Que podería estar en galego tamén? pero non misturedes cousas e lede un pouco mais, que fai falta
Comentario por musik (21-01-2010 00:04)
7 Faime moita graza que en vez de falar de que temos unha nova publicación feita por alguén fora de Galicia con varias traducións para favorecer a sua divulgación, estase debatindo porqué non esta en Galego. Ademais#blgtk08#... algún de vos o iba a ler? así vai o pais e a nosa música, estancada gracias aos pensamentos primitivos. Que podería estar en galego tamén? pero non misturedes cousas e lede un pouco mais, que fai falta
Comentario por musik (21-01-2010 00:06)
8 Faime moita graza que en vez de falar de que temos unha nova publicación feita por alguén fora de Galicia con varias traducións para favorecer a sua divulgación, estase debatindo porqué non esta en Galego. Ademais#blgtk08#... algún de vos o iba a ler? así vai o pais e a nosa música, estancada gracias aos pensamentos primitivos. Que podería estar en galego tamén? pero non misturedes cousas e lede un pouco mais, que fai falta
Comentario por musik (21-01-2010 00:06)
9 Os que pensamos que os galegos temos dereito a un sitio ( aínda que sexa pequeno) no mundo,lamentamos que unha publicación que vai chegar a xentes de toda Europa especialmente sensibilizadas cos problemas das #blgtk08#culturas minoritarias non teñan oportunidade de coñecer que existimos como pobo e posuímos un idioma propio.Isto é do que nos laiamos os primitivos iletrados que andamos erguidos e temos título universitario)
Comentario por Ofolieiro (21-01-2010 18:43)
10 Foxo fai moitas cousas mal pero algúns tamén estamos ata os c... de topar co Caruncho en todos lados.
Alguhas persoaxes da música tradicional en#blgtk08# Galiza son como a típica serie mala de televisión que é repetida por varias canles.
Uns optan por apagalo aparato. Espero que iso non suceda.
Comentario por (26-01-2010 01:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer