Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A gaita vai á igrexa (Lugo)
A gaita vai á igrexa abre o ciclo «Músicas a carón da Mosqueira»
A gaita vai á igrexa, un recital de gaita e órgano de tubos que terá lugar este luns ás 20.30 horas na igrexa de Santiago A Nova en Lugo, servirá para inaugurar unha nova edición do ciclo de música clásica Músicas a carón da Mosqueira.


O concerto ofrecerano dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos como son o gaiteiro Suso Vaamonde e o organista multiinstrumentalista Ernesto Campos, que a través deste recital recuperan espazos de incalculable valor cultural, levando a música tradicional a auditorios tan singulares como as igrexas, as abadías ou as catedrais. Sen máis aderezo ca os seus instrumentos, estes dos intérpretes ofrecen un repertorio de música popular, tradicional ou clásica. Os temas están arranxados polo organista Ernesto Campos, que con amenas explicacións fai desta proposta un espectáculo apto para o público xeral.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer