Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruada solidaria en Soutelo de Montes
O vindeiro sábado 23, Verbo Xido organiza unha Ruada solidaria para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes.

Terá lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes a partir das 21:00 horas. Haberá servizo de bar e "catering" a fin de recadar fondos e cobrarase unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento (dará dereito a participar nun sorteo dun lote de libros e algúna agasallo máis e a tomar cun chocolatiño con rosca). O elenco de artistazos que teñen confirmada a súa presenza (aparecerán máis, seguro), é o seguinte:

- Pandereteiras A Trépia (Pontevedra)
- Abrentes (Cerdedo, Pontevedra)
- Atalúns (Pontevedra)
- Chichisos(Pontevedra)
- Pandereteiras de Quireza (Cerdedo, Pontevedra)
- Serandeiros (Boborás, Ourense)
- Tonhito de Poi (Aghiño, A Coruña)

Anímate a asistir, a soliedaridade e a carallada son perfectamente compatibles!!!!!! Non o esquezas, o sábado 23. E aproveita para pasarte antes a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena.

O frío escorréntase bailando!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-01-2010 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer