Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Centoloman xa é un cómic
No Café Moderno presentouse en sociedade un soño feito realidade por un grupo de mozos que hai 4 anos crearon un personaxe chamado Centoloman.

Porque por fin Centoloman, un dos protagonistas das camisetas da marca pontevedresas REI ZENTOLO, ten o seu primeiro número de cómic. Centoloman vai ser o primeiro superheroe galego en ter merchandising aínda antes de saír en banda deseñada.

Sobre unha personaxe de Rei Zentolo e unha idea orixinal de Pablo Zentolo, os encargados de elaborar esta primeira entrega son: Jano, debuxante de prestixio recoñecido no mundo da ilustración, ten publicado varios álbums de viñetas e conseguiu diferentes becas e premios polo seu traballo neste eido. En canto ao guión, Rodrigo Cota, escritor pontevedrés e colaborador de Vidavedra.es, gañador de varios premios de guión, e autor do libro "Colón, Pontevedra, Caminha".

Despois de vivir en camisetas para adultos e nenos, suadeiras e tazóns, Centoloman chega ás viñetas e inaugura a liña editorial do Rei Zentolo, que pretende así achegar un pouco máis a literatura e as artes plásticas.

Esperemos que a súa compañeira, Necorabeibi, tamén sexa dentro de pouco a primeira superheroína galega que salte da camiseta ao cómic.

www.vidavedra.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2010 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer