Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo número de Retranca. O Xacobeo 2010
RETRANCA 23. XACOBEO 2010
TODOS QUEREN PILLAR CACHO!!!


Chegou o Xacobeo 2010 e para uns será a salvación da crise mentres que para outros, como o Pelegrín será a súa fin. Si, damas e cabaleiros, a famosísima mascota do Xacobeo: O Pelegrín (que ía ser resucitado polo novo conselleiro de cultura da Xunta) vai apodrecer no seu cadaleito por falta de cartos para facerlle un lifting rexuvenecedor. Nós entendémolo, a verdade, o becho xa era feo de carallo no 93, así que agora debía de parecer un retrato de Don Manuel pintado por Miró. Sirva polo tanto este número de Retranca coma unha homenaxe á mascota máis fea do mundo que puxo de moda ter Pokemons de mascota en vez de animais.

Pero menos mal que os galegos temos o Ano Santo, agora que nas consellerías non hai un can, todo o mundo acode en masa ás oficinas do Xacobeo porque din que alí teñen pasta. Así que todo quisque se pon a facer películas sobre o camiño, libros sobre o camiño, exposicións sobre o camiño...
Non podían variar un pouco e subvencionar cousas menos repetitivas?. Non sei... podían ser un chisco máis orixinais e vangardistas e subvencionar o "callo" máis grande ou a pústula máis infectada, ou o mochileiro máis cheirento, ou mellor aínda, darlle unha macrosubvención aos que consigan chegar a Santiago en Ave (así matarían dou paxaros dun tiro, fomentarían o Camiño de Santiago e rematarían o Ave dunha puta vez).

O malo é que seguirán a facer o de sempre, uns concertiños da cantante galega esa Carmiña Fulana, unhas exposicións de fotos de peregrinos, filmes peñazo sobre a artrose dun camiñante, que non van ver nin os parentes do director, e mentres os galegos, a facer o camiño da cola do paro... pero claro para esas peregrinacións non hai cartos, estamos en crise.

Saúdos Retranqueiros e felices
festas a case todos....
A SANTA COMPAÑA

ATENCIÓN: Neste número Retranca estrea un novo suplemento sobre a situación lingua galega e desvelamos os premiados no Concurso Ortogal!!!... RESERVÁDEO NO VOSO QUIOSCO HABITUAL
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2010 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer