Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Record Guiness de música en directo (Pub Fardela-Vilalba) |
|
Un local de Vilalba quere bater unha marca Guinness con nove días de música en directo
Pretenden reunir a 500 bandas para encandenar actuacións de 30 minutos.
O pub Fardela de Vilalba propúxose bater en agosto unha marca Guinness. Para logralo, necesitan nin máis nin menos que a colaboración de cincocentos grupos para que durante nove días fagan soar a súa música en directo neste local sen parar.
Os nove días de música ininterrompida están previstos para a semana que vai do 7 ao 15 de agosto. Cada banda actuará durante 30 minutos e non poderá haber máis de 30 segundos en silencio entre temas e nos cambios de banda.
Os organizadores da fazaña xa conseguiron que se apunten case a metade dos grupos que necesitan, uns douscentos, pero fan un novo chamamento xa que sen medio milleiro de bandas será imposible bater a marca actual.
O Pub Fardela propúxose superar a actual marca, un evento organizado en Barazategui, Arxentina. Para batelo usaron os mesmos requisitos á hora de aceptar bandas.
Requisitos
-OS PARTICIPANTES DEBEN SER GRUPOS DE Ao MENOS 3 MEMBROS ENCADRADOS EN CATEGORIA ROCK OU POP, é dicir debe haber instrumentos eléctricos.
Aclaración: dentro do rock podemos admitir desde metal ou punk a country ou blues sen problema.
-NON SE ACEPTARÁN COMPOSICIONS INSTRUMENTAIS, TODOS OS TEMAS DEBERÁN TER LETRA.
Iso sí, non esé preciso que os temas sexan propios.
-ENTRE CANCIÓN E CANCIÓN E ENTRE GRUPO E GRUPO O TEMPO MÁXIMO SON 30 SEGUNDOS!!
-O TEMPO DE ACTUACIÓN DEBERÁ SER ENTRE 20 E 30 MIN.
O ideal serán uns 25 min. para que saian as contas e non cheguemos a un desfase horario moi grande con respecto á idea orixinal, pero tampouco imos cortar ningunha canción pola metade; iso sí o límite máximo de 30 sí debe ser respetado.
Os que cumplades istos requisitos e estedes interesados en participar (incluso os que xa nos tedes comunicado va vosa disponibilidade) por favor mandadenos un correo a través de myspace con:
Nome do grupo
Teléfono de contacto
Mail de contacto.
A organización pagará a cada grupo 150 € en concepto de gastos de desprazamento.
contacto:
www.myspace.com/fardelapub
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|