Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Certame de Cantos de Reis en Boimorto
Un total de dezanove cuadrillas participaron no certame de cantares de Reis convocado, por sexto ano consecutivo, polo Concello de Boimorto co propósito de conservar e darlle un pulo a ese costume propio do Nadal galego.

A organización avanza a bo ritmo de cara a acadar ese obxectivo, tal e como pon de manifesto a procedencia das agrupacións participantes que o pasado domingo se desprazaron ata Boimorto dende lugares tan dispares como A Coruña, Vigo, Ferrol, A Fonsagrada, Narón e Antas de Ulla. Tamén participaron cuadrillas do propio municipio e doutros veciños coma Melide, Toques e Tordoia.

A cita tamén logrou reunir a máis dun milleiro de persoas que asistiron en calidade de público e que ateigaron a carpa instalada para a ocasión no Campo do Rosario. Logo de tres horas aproximadas de actuacións, coñeceuse o fallo do xurado, que distinguíu co primeiro premio a Os Reiceiros, de Ponte Carreira. Repartíronse, en total, 2.400 euros, distribuídos entre cinco galardóns.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2010 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer