Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Inplicate 2010 (Compostela)
Xa está aquí o fin de ano e con el, chega outra vez o Implícate, a nosa noite de música e palabra solidaria, que este ano se celebrará o 10 de xaneiro. Non o perdades, porque ten un cartel espectacular!

O 10 de xaneiro, ás 20.30h, no Teatro Principal de Compostela temos unha cita coa cultura e a solidariedade, o Implícate, que chega xa á súa quinta edición. E, como sempre, temos un cartel de luxo para celebralo:


MÚSICA
-Carmen Rey e banda
-Susana Seivane
-Narf

DANZA
-Pisando ovos

LITERATURA
-Antón Reixa
-Ana Romaní
-María Xosé Queizán
-Lino Braxe

TEATRO
-Cándido Pazó
-Patricia de Lorenzo

Todo isto conducido co saber facer de Yolanda Castaño e Luis Tosar.

As entradas (12 € xeral, 8 € estudantado) xa están á venda na taquilla Caixa Galicia, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43, onde tamén está dispoñible unha fila cero (entradas a 5 €) para @s que non poidades acompañarnos físicamente pero desexedes facer a vosa achega.

E lembrade que, ademais, faremos entrega do premio Implicada do Ano á xornalista Amelia García Hervella e que, como sempre, estará á vosa disposición unha mesa de venda de produtos de Implicadas (¿tes xa a Axenda 2010?), destinada como sempre, a financiar os nosos proxectos.

¿Ídevolo perder? ¡Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-01-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer