Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Crema de Gaita
O grupo de folk Crema de gaita cambia estes días os grandes escenarios aos que está afeito para ofrecer a súa música de fusión en pequenos locais vigueses, unha estratexia "para manter o grupo vivo nestes tempos difíciles". O grupo formado por Ernesto Campos, Diego Mariño, Marcos Campos, Xosé M. López, Cris Macías, Judith Alonso e Suso Feixón toca o 23 de xaneiro en Bubuchis (rúa Barcelona).

-Que vantaxes teñen os concertos en locais pequenos?
-Permítennos ter un contacto e complicidade maior co público. O noso obxectivo sempre é conxugar a calidade musical e a creatividade coa diversión; a xente vai a un concerto a pasalo ben

-Os compoñentes veñen de "casas" moi distintas, desde as bandas de música a formacións tradicionais, pop... e iso se trasluce na música.
-Nós partimos dun respecto absoluto cara á música tradicional, pero non somos un grupo de música folclórica. Atráenos a fusión da música latina coa galega, pero temos claro que o ritmo orixinal non pode perderse: se é un tango ten que soar a tango. A fusión dáche unha liberdade marabillosa, pero ao mesmo tempo é un corpiño creativo.

-A gaita casa con todo?
-Bo, as orquestras sinfónicas non levan moi ben con ela e é unha pena. Eu compuxen unha peza para gaita e orquestra sinfónica e estreouse en Arxentina. Pero esperamos que a próxima primavera podamos levar a cabo unha experiencia moi bonita que é un concerto completo coa Banda Municipal de Pontevedra e Crema de gaita, algo que non se probou ata agora en Galicia.

-Tras o disco Tangalego, cando un novo traballo?
-Temos case todos os novos temas escritos e presentaremos un adianto nestes concertos. Esperemos que en 2010 vexa a luz, aínda que sabemos o complicado que é o tema das discográficas.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2010 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer