Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galiza xa ten convocatoria

Despois da negativa da Federación Galega de Fútbol a asumir a organización do partido anual da selección autonómica, o encontro alternativo organizado polo colectivo Siareiros Galegos centra agora a atención dos afeccionados galegos.

Aínda que o seleccionador, Fernando Vázquez, fixo todo o posible porque a galega continuase a súa andaina de xeito oficial, pois conseguiu tanto unha sede coma convencer aos xogadores profesionais para que participasen no partido gratis, a Federación Galega mantívose intransixente e non quixo tomar parte na festa anual do noso fútbol.

Pero partido vai haber. A data será o vindeiro sábado, día 26 de decembro, e o escenario, o estadio de Santa Isabel, en Santiago, tal e como confirmou o colectivo Siareiros Galegos, encargado da organización do evento. Fernando Vázquez e Pilar Neira serán os seleccionadores do combinado galego, que estará composto por xogadores e xogadoras non profesionais, aínda que hai futbolistas que militan en equipos de categoría superior (2ª B e profesionais) que están á espera do permiso dos seus clubs para participar no partido do sábado, e non figuran na convocatoria inicial que se fixo oficial no día de onte.

UNHA FESTA REIVINDICATIVA

O encontro , que dará comezo a partir das 19.00 horas do vindeiro sábado, forma parte dunha xornada lúdica e reivindicativa do colectivo Siareiros Galegos a prol da selección galega e tamén de apoio ao deporte galego en xeral. De feito, ás 17.00 horas sae da Alameda unha manifestación baixo o lema Seleccións nacionais. Dereito popular.

Posteriormente, xa no estadio de Santa Isabel, a seleccionadora, Pilar Neira, canda outras internacionais por Galicia nos anos 2007 e 2008, cando si xogou a selección galega feminina, lerán un comunicado en defensa da práctica deportiva das mulleres e de repulsa pola decisión do Goberno e da Federación Galega de non financiar nin permitir o partido da selección neste Nadal. Tamén está confirmado que o ciclista David Blanco, varias veces campión da Volta a Portugal, será o encargado de realizar o saque de honra neste partido tan especial.

Un dos xogadores convocados pola selección é o futbolista do Compostela Mariño, que onte non podía ocultar a súa ledicia por formar parte desta festa do fútbol. “Para min, é un orgullo poder representar a Galicia nun partido coma este, aínda que non teña a condición de encontro oficial. Seguro que vai ser unha data moi especial e agardamos que todo o mundo que acuda ao estadio o pase o mellor posible”, afirmou a Xornal nada máis coñecer a noticia de que estaba citado.

“É unha mágoa que este ano non xogue a selección profesional, porque ese partido xa era case unha tradición. Pero, dentro do malo, este partido fai que se manteña toda esa ilusión”, sinala o xogador do Compostela.

“Para os xogadores que estamos en equipos modestos, este partido supón unha gran oportunidade. Durante o resto do ano, os medios de comunicación só se acordan de nós cando conseguimos algo importante, coma un ascenso ou unha actuación moi destacada, e creo que por iso tamén nos fai máis ilusión”, engade Mariño.

Ademais, o xogador galego destacou o feito de que o partido fose mixto. “Nunca xoguei un partido oficial que fose mixto, e este vai ser o máis parecido. Vai ser curioso, pero cando o empece o partido, todos seremos iguais dentro do terreo de xogo, e dará igual que sexamos homes ou mulleres, porque seremos, sobre todo, galegos”, apunta o futbolista.

Ademais de Alberto Mariño, a lista de convocados que onte fixo pública Siareiros Galegos está formada polos seguintes xogadores: Adrián Padrón e Daniel Portela (Ourense), Rubén Márquez, Alberto Domínguez, Anxo Liñares e Óscar Seoane Jimy (Compostela) Paulo Saboris, Fernando González e Óscar Río (Céltiga), Quico (Arousa), Manu Rodríguez (Vilalonga), Rubén Pisto e Valentín (Verín), Óscar Comís (Coruxo), Daniel Conde, Xurxo Colón, Nacho Fernández e Marcos Martínez Munín (Negreira), Carolina Baños Ameneiro, Mónica Naval Cortés, Mirian Domínguez Marcos (Arousá), Rita Lema (Victoria C.F), Barca Toba Suarez (Orzán) e Andrea Carid (Pontevedra), que se reunirán o día do partido.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer