Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 anos de O son do ar
25 aniversario desta peza de Luar na Lubre
Recunchos para O Son do Ar, de Xapón a Croacia pasando por Bos Aires

Composta por Bieito Romero, a peza cumpre 25 anos. O grupo felicítase das ducias de versións feitas por músicos en todo o mundo, moitas accesíbeis na rede.


É "tema estrela" no repertorio de Luar na Lubre. Así o admiten desde Luar na Lubre ao respecto de O Son do Ar e por este motivo queren facerlle homenaxe ás portas de 2010, ano no que a composición de Bieito Romero cumprirá o seu 25 aniversario. De xeito especial, o grupo quere ademais expresarlle o seu agradecemento a todos aqueles que "nalgunha ocasión escolleron esta melodía para darlle saída ás súas inquedanzas musicais". "Desde o aprendiz que comeza os seus pasos até os conxuntos que o inclúen no repertorio, ademais de a todos os que a empregaron como fondo sonoro de calquera actividade artística", subliñan.

Versionada por Mike Oldfield nunha das interpretacións máis coñecidas, O Son do Ar foi interpretada por ducias doutros músicos e con diferentes instrumentos, desde o violín á guitarra, pasando pola ocarina ou diferentes tipos de frautas. Gábanse desde Luar na Lubre do elevado número de versións que poden atoparse apenas facendo unha procura a través de internet. Entre outras, sinalan por exemplo a que desde Hiroshima achega o grupo xaponés Harmo, a da violinista canadense Shira Kammen, incluída no videoxogo Braid, Mac Léinn en Croacia, Gaël en Bos Aires, ou a do grupo peruano-alemán Alborada.

www.vieiros.com





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer