Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Capador de Muras no Alalá

Hoxe, martes, día 22/12/2009

O "Alalá" desta noite achegaranos as historias e a música do Capador de Muras, quen, polo feito de chamalo así, asusta ou esperta sorpresa. Pero non é o caso, pois Ramiro é bonachón e ledo; ten nesgo de gaiteiro e, debido á súa profesión, tamén é festeiro. Un curioso cóctel para o capador de Muras, que se complementa co carácter aberto que lle deu a experiencia do oficio, porque capando casa por casa coñeceu a multitude de xente e historias nos lugares de Forcarei e Silleda, polas parroquias dos montes.


Ramiro Cortizo, que naceu en Muras, é de familia de capadores, aínda que con el a estirpe tivo un parón, pois dos sete fillos que tivo, ningún saíu gaiteiro nin capador; unha mágoa, xa que Ramiro é un excelente mestre nos dous oficios e noutros máis, pois antigamente, en Muras, cantas máis cousas soubese un facer, mellor.

A figura do capador domina as artes gandeiras, agrarias e sociais. As ruadas das zonas son desas artes sociais en que de mozo un se tiña que desenvolver, con canta máis soltura, mellor, porque nesas festas de inverno eran as mulleres as que levaban a voz cantante a ritmo de pandeireta. En moitas ruadas da zona, Ramiro era o gaiteiro oficial pagado a escote polo público feminino e alí tocaba en pechado e cantaba en aberto, para que as mulleres o oísen ben, pero sobre todo unha delas: a que o acompañou toda a vida e o acompañará no Alalá desta noite, Sara.
Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-12-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 queria poñerme en contacto co capador de muras porque lle vin unha debulladora de millo e meu sogro ten unha igual#blgtk08# solo que lle rompeu o mueble e era pra ir mirar pra facerlle un igual por iso queria saber si vive en muras
Comentario por JOSE (01-03-2010 11:49)
2 #blgtk08#
Comentario por (28-06-2012 23:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer