Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Patrick Molard - Gaiteiro bretón
O gaiteiro bretón Patrick Molard está estes días realizando unha xira de concertos por Galiza, que inclúe paradas en Moaña e Bueu. No municipio moañés xa estivo o sábado, recentemente chegado de Francia: O mal tempo destes días atrasou o seu voo e aterrou en Santiago apenas unha hora antes do concerto. O de mañá en Bueu, ás 19.30 horas no Centro Social do Mar, será o peche.

Como xurdiu a posibilidade de realizar esta xira por Galicia e que é o que lle motivou a vir?
Gústame moito esta terra e xa estiven en ocasións anteriores de xira. Hai uns meses amigos como o gaiteiro Raúl Piñeiro expuxéronme vir de novo e buscamos unhas datas para vir.

Que tal foi a resposta da xente?
O público en Galiza é moi agradecido e a resposta foi fantástica. Xa estiven en Moaña, Vigo ou Porriño. Hoxe toca Ourense e mañá pola mañá estarei no Conservatorio de Vigo dando unha clase sobre "Ceol mor", a gran música de Escocia e pola tarde en Bueu.

Ese aprecio por Galiza tamén se percibe nos temas que interpreta. No seu primeiro disco en solitario incluíu "Aires de Pontevedra" e en traballos posteriores sempre hai presenza galega.
Hai xa 30 anos tiven a ocasión de coñecer ao mestre Ricardo Portela e gustoume isto. O tema de "Aires de Pontevedra" incluíno na suite coa que participei o Festival Intercéltico de Lorient cando gañei por primeira vez o campionato do mundo [foi unha decisión sorprendente e supuxo unha auténtica revolución]. Logo tamén trabei amizade con outros músicos de Galiza e fíxenme con algúns cancioneiros tradicionais. Algúns temas sonme válidos, pero outros non por mor da distinta tonalidade das gaitas.

Vostede tocou en grandes bandas como Gwendal, Satanazet ou Pennou Skolum e tamén en solitario. En que formato sente máis cómodo?
Ultimamente estou máis envorcado na faceta como solista. Tamén estou a traballar moito como profesor e na Escola de Música Tradicional da Bretaña. Gústame tocar os diferentes tipos de gaita para experimentar e desenvolver todas as súas posibilidades.

Tivo a posibilidade de tocar con moitos e grandes músicos. A quen lembra con máis agarimo e aprecio?
A Bob Brown e a Bob Nicol. Foron os mestres que me adoptaron" e me leváron a Escocia. Eles eran os últimos grandes mestres escoceses e elixían aos seus alumnos. Leváronme para ensinarme a súa música, unha tradición que non está por escrito e que só se transmite tocando. Tamén aprecio moito a xente como Michael Ou´Brien, Liam Ou´Flynn ou mesmo ao meu irmán Jackie. É violinista e un gran compositor.

Ademais do concerto do sábado en Moaña, vostede xa estivo en ocasións anteriores no Festival Intercéltico do Morrazo.
Gardo un moi bo recordo. Estiven como solista e cos grupos Dean, Pennou Skolum e a última vez con Bal Tribal. Pero acórdome moito dunha visita que fixen fai uns 20 anos e na que toquei con Ricardo Portela en Leston. Foi algo moi especial e por alí andaban uns gaiteiros moi novos: Carlos Núñez, Anxo Pintos ou Xosé Manuel Budiño.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer