Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

60 anos de `Cántigas e Frores´ en imaxes
A asociación expón os intres claves da súa historia como as corais ou os grupos de danza

A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo inaugura hoxe ás 20:30 horas na residencia de estudantes LUG II unha exposición fotográfica na que se recollen as distintas etapas polas que pasou o colectivo ao longo dos seus 60 anos de existencia.


"Escollimos unha serie de fotos máis representativas e tamén as que se conservan en mellor estado e mais as das actuacións principais do coro", explica Bruno Villamor, director artístico da asociación e mestre de gaita e percusión nas escolas que organizan. A coral da Asociación formouse en 1948, froito da fusión de Cántigas e Aturuxos e Frores e Silveiras. Ambas procedían da escisión do Orfeón Galego que dirixía o mestre Xoán Montes. "Nos anos 70 naceron as escolas de baile que se mantiveron até a actualidade", explica o músico.

A mostra supón, segundo explica, un recoñecemento ás persoas que pasaron pola asociación e puxeron o seu gran de area para "dinamizar a vida cutural de Lugo" e, á vez, conseguisen que a música e o baile tradicionais tiveran unha gran presenza na cidade. Un traballo que continúa hoxe en día. "En xaneiro publicamos un libro sobre o compositor lugués Gustavo Freire e, máis adiante, estamos organizando unha homenaxe a un mestre palleteiro", comenta Bruno Villamor.

A vixencia das escolas de música e dos cursos impulsados pola Asociación é "o máis necesario para que a cultura galega perviva, nunha época na que é difícil que os pequenos afonden na súa cultura", indica.

Unha situación que se produce debido á minusvaloración da cultura tradicional galega. "Hoxe en día hai xente que non ve a cultura tradicional como parte da súa vida, cando a tradición se mantivo e se adaptou aos tempos", afirma Villamor.

Boa parte das imaxes que se inclúen na exposición plasma as actuacións e os festivais da coral, grupo de danzas e grupos de gaitas Cántigas e Frores. Actuacións que non só se sucederon en toda España e Galicia senón tamén fóra dos límites europeos en lugares como China, Arxentina, Brasil ou Cuba. "Iso é o máis incrible que nos pasa aos músicos e debémosllo á música tradicional. Fóra de Galicia sempre fomos moi ben recibidos porque actúas en lugares que tamén están loitando pola cultura tradicional dos seus pobos", resalta o mestre.

Esta exposición permanecerá aberta durante todo o Nadal, dende hoxe, día 22 de decembro ata o 10 de xaneiro do 2010 no Complexo Residencial Xuvenil Lug II, situado en Lugo.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer