Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cantos de Nadal na Coruña

Cantos de Nadal no Fórum Metropolitano (A Coruña)
martes 22 de decembro ás 20:00, entrada de balde


Na Galiza as diferentes festas anuais sempre tiveron moita importancia, tendo na tradición oral unha peculiar manifestación cultural, que na maioría dos casos se expresa por medio do canto.

Ocorre así no tempo de Nadal, no cal, a doutrina relixiosa xúntase coa tradición oral (canto) formando unhas cantigas pagán-relixiosas cuns trazos característicos propios que chegaron a través das xeracións ata os nosos días coa denominación de "Cantos de Nadal".

Destacan tres cantares moi semellantes nos que a súa estrutura e modo de execución se diferencian fundamentalmente na data das festas á que fai referencia e na que se cantaban: Noiteboa, Ano Novo e Reis.

Estes cantos presentes en toda Galicia reciben diferentes denominacións nas distintas zonas ou comarcas, entre estas cabe citar: Noitiña de Nadal, Nadais, panxola de Nadal, Maitíns, Aninovo, Manueles, Xaneiro, Reis, Reices ou Reises.

Durante séculos a Igrexa ensinoulles aos fieis oracións e cancións relacionadas con diferentes ritos e épocas do ano e escritos en latín ou en castelán. Os fieis (galego falantes na súa maioría) memorizaron panxoliñas ou Cantos de Nadal e de Reis, nun idioma diferente ao seu, e isto provocou que se enchesen de mesturas lingüísticas.

PROGRAMA

Dous cantos de nadal ensinados nos obradoiros das bibliotecas municipais
- Canto de Nadal da Peregrina (Santiago de Compostela)
- Canto de Nadal de Moialde (Vilardevós - Ourense)

Agrupación folklórica "Os Gaiteiriños"
- Nun pesebre de Belén
- Un anxiño veu do Ceo

Maghúa
- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Pontevedra), recollido no Teleclub de Barro.
- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de
Santaia de Moar (Moar, Frades, A Coruña), do repertorio de Ricardo Lagares"

Grupo de adultos do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina
- "Canto de Nadal de Trazo"

Grupo de rapazas do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina.
- "Panxoliña"

Asociación Cultural Donaire
- Canto de Nadal de Frieiro (Santa Comba - A Coruña)
- Aninovo de Negreira de Vilamaior (Santa Comba - A Coruña)

Cántigas da Terra
- Anxos de luz. Autor: Eduardo Diehl
- Alalá de Muxia. Autor: Manuel M. Puga Parga

Asociación de Coros e Danzas Eidos
- Cantiga de Nadal (Popular) de Bembibre, recollido do disco derradeira polavila
- Canto de Reis (Popular), recollido do cancioneiro popular das terras do Tamarela.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Acho que hai algun erro nesta información:

Maghúa botaremos o Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Ponte Vedra), recollido no Teleclube de Barro; e o Canto de Rei#blgtk08#ces de San Xosé de Santaia de Moar (Frades, A Coruña)

Supoño que haberá mais grupos que non aparecen anunciados, por exemplo, Donaire...

Enfin, un saúdo
Comentario por Davide Maghúa (21-12-2009 10:58)
2 PROGRAMA

Dous cantos de nadal ensinados nos obradoiros
das bibliotecas municipais
- Canto de Nadal da Peregrina
(Santiago de Compostela)
- Canto de Nadal de Moialde
(Vilardevós - Ourense)

Agrupación folklórica "Os Gaiteiriños"
- Nun pesebre de Belén
- Un anxiño veu do Ceo

Maghúa
- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Ponte
Vedra), recollido no Teleclub de Barro.
- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de
Santaia de Moar (Moar, Frades, A Coruña), do repertorio
de Ricardo Lagares (+)"

Grupo de adultos do Círculo de actividades da
Asociación Cultural Xac#blgtk08#arandaina
- "Canto de Nadal de Trazo"
Grupo de rapazas do Círculo de actividades da
Asociación Cultural Xacarandaina.
- "Panxoliña"

Asociación Cultural Donaire
- Canto de Nadal de Frieiro
(Santa Comba - A Coruña)
- Aninovo de Negreira de Vilamaior
(Santa Comba - A Coruña)

Cántigas da Terra
- Anxos de luz. Autor: Eduardo Diehl
- Alalá de Muxia. Autor: Manuel M. Puga Parga

Asociación de Coros e Danzas Eidos
- Cantiga de Nadal (Popular) de Bembibre, recollido
del disco derradeira polavila
- Canto de Reis (Popular), recollido do cancioneiro
popular das terras do tamarela.
Comentario por Antonio (21-12-2009 12:08)
3 2 cantos de nadal ensinados nos obradoiros das bibliotecas municipais

- Agrupación folklórica “Os Gaiteiriños”

- Grupo de adultos do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina

- Grupo de rapazas do Círculo de #blgtk08#actividades da Asociación Cultural Xacarandaina.

- Asociación Cultural Donaire

- Maghúa

- Cántigas da Terra

- Asociación de Coros e Danzas Eidos

É a orde definitiva que me pasaron hai uns dias.
Comentario por Davide Maghúa (21-12-2009 17:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer