Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cursos de acordeón diatónico con aCentral Folque
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, organiza dous cursos de acordeón diatónico abertos a calquera persoa interesada no instrumento. Carlos Quintá impartirá un monográfico ao longo de tres meses (xaneiro-marzal) de iniciación e o portugués Artur Fernandes, unha master class o vindeiro sábado 23 de xaneiro.

MONOGRÁFICO DE INICIACIÓN CON CARLOS QUINTÁ

DATAS: xoves á tarde de xaneiro a marzal
LUGAR: Gentalha do Pichel. Santiago
PREZO: 50 €/mes
DURACIÓN: 6 h


Curso para principiantes no acordeón diatónico: organoloxía, mecánica, mantemento, melodías básicas, ritmos típicos, acompañamento ao canto,...en aulas undividuais.

Organizado conxuntamente coa Gentalha do Pichel. Orientado a persoas que se queiran introducir no acordeón diatónico aínda que as aulas ao seren individuais, adaptaranse ao nivel de cada asistente. Cómpre instrumento propio.

Carlos Quintá

Violinista de formación e acordeonista e taberneiro de vocación, comeza a estudar acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín con Pedro Pascual. Forma parte de murga estradense Linho do Cuco, cos que xa tocou no Festival Intercéltico de Lorient e ten en preparación o segundo disco; toca a dúo co zanfonista Óscar Fernánde e a trío con Benxamín Otero (oboe) e Iván García (guitarra flamenca).

Actualmente é o profesor de acordeón diatónico da E-Trad en Vigo

MASTER CLASS DE DIATÓNICO AVANZADO CON ARTUR FERNANDES

DATAS: sábado 23 xaneiro en sesión de mañá de 10 a 14 e pola tarde de 16 a 19 horas.
LUGAR: CSC Castiñeiriño. Santiago
PREZO: 90 €
DURACIÓN: 7 h


Trátase dun curso avanzado do instrumento, dirixido a intérpretes con coñecementos previos de acordeón diatónico impartido polo mestre portugués da concertina

Os contidos comprenden varios aspectos da técnica. Comezarase coa práctica musical e o ensemble de diatónicos. Abordaranse as funcións musicais básicas -baixo, harmonía rítmica, melodía, contrapunto melódico- e as dinámicas de conxunto e contrastantes. Tamén se trata o contrapunto a dúas, a tres e a catro partes. Por último se realizará un balanzo musical en grupo.

Artur Fernandes

Nado no 1966 en Águeda (Portugal). É unha das figuras máis importantes e respetada da escena portuguesa de música popular, pertencente a esa xeración de artistas que son hoxe un referente en Europa.

Autodidacta da concertina desde 1978, é licenciado en Ensino de Música pola Universidade de Aveiro na área de Composición con João Pedro Oliveira.

É o líder e mentor do grupo Danças Ocultas cos que interpretan "uma música nova para um instrumento velho". Levan recreando e compoñendo música para concertina desde o 1996 con tres discos no mercado. Ten colaborado con artistas portugueses coma Rui Veloso, Gaiteiros de Lisboa, João Afonso.

Para máis información, preme aquí.

Consultas e inscrición: +34 881 031 829 e no mail matricula@folque.com

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-12-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer