Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aberta a inscrición para a AFI e o LABdS
Xa se poden facer as inscricións para a AFI (Aula Folque Infantil) e o LABdS (Laboratorio de Sons), espazos musicais alternativos para nenos e nenas entre 5 e 15 anos na cidade de Pontevedra. As aulas comezarán o venres 15 de xaneiro (AFI) e o sábado 16 de xaneiro (LABdS) no antigo Conservatorio de Música. As prazas son limitadas.

O cadro docente da AFI renóvase este ano coas incorporacións de Pepa Yáñez na Aula de Canto e de José Manuel Díaz na Aula de Sons e no Laboratorio de Sons, ademais de contar con Gema Pérez na coordinación da tanto da AFI coma do Laboratorio.

A inscrición ha de facerse na Concellería de Cultura de Pontevedra (Chalet de Fontoira, Rúa Campo do Boi 1, baixo) e a matrícula faise efectiva o primeiro día de aulas nas instalacións do antigo Conservatorio de Música.

AFI

A Aula Folque Infantil (AFI) é un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. É unha aula experimental coa música e baile tradicionais galegos como eixo fundamental entendida dentro do contexto global das músicas do mundo.

A AFI é:

movemento
expresión corporal
baile galego
ritmo
percusión tradicional
percusións do mundo
voz
canto galego-portugués
cantos do mundo

Inicio das aulas: 15 de xaneiro

Grupos por idades:
5-7 anos
7-9 anos
9-13 anos

Horario: venres á tarde:
16,30 - 20,30 h (8-13 anos)
17,15 - 19,15 (5-7 anos)

Prezo
7 - 13 anos 60 €
5 - 7 anos 25 €

LABdS

LABORATORIO de SONS

O Laboratorio de Sons é un espazo aberto a calquera neno e nena entre 8 e 15 anos para desenvolver as súas habilidades artísticas.

O Laboratorio de Sons conecta aos máis pequenos co proceso de concepción e desenvolvemento de accións escénicas baseadas nas capacidades propias de cada rapaz.

O Laboratorio de Sons é o lugar de experimentación da Compañía Infantil da AFI, que monta un espectáculo de teatro, música e danza ao final do ano. No 2007 foi o “Circus AFI”, no 2008 “Morfasons”, no 2009 “Cidades Imaxinarias”, e no 2010...

Inicio do Laboratorio: 16 de xaneiro

Horario: sábados á mañán de 10 a 13 h
prezo: 20 € (10 € para alumnado AFI)
idades: 8-15 anos

Se queres máis información, podes escribir un mail a afi[arroba]folque.com ou chamar ao +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer