Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Xabier Díaz
Dende que chegou a Berrogüetto, en marzo do 2008, o músico Xabier Díaz (A Coruña, 1969) asegura que xa pasou o seu período de transición. Coa próxima aparición de Kosmogonías, o quinto álbum da banda, séntese totalmente integrado.

Probablemente Kosmogonías vexa a rúa no mes de marzo, algo que o novo cantante está desexando, recoñece. «Terei un repertorio propio», di.

-A súa entrada no grupo xa foi para que fose a voz.
-Chamáronme porque buscaban un substituto de Guadi e principalmente fago iso: cantar, pero tamén toco a gaita e a percusión.

-¿Como foron estes case dous anos?
-Entrei o 30 de marzo do 2008, e foi chegar e empezar xa a xirar e a ter concertos. E xa no verán do 2009 empezamos a traballar en Kosmogonías, que é o quinto álbum do grupo e xa composto comigo. Creo que estivo ben este tempo de adaptación. Fómonos coñecendo, respirando a música dunha maneira común. Despois dos primeiros oito meses, que foron un pouquiño máis complicados, estivemos moitísimo máis cómodos. Eu sentinme máis cómplice e eles tamén. De feito, agora que estamos acabando de gravar o disco temos una comunicación moito máis fluída.

-¿Como cre que recibe a xente ese cambio?
-Estes anos viaxamos bastante por América e Europa, e non había moito lugar á comparación, porque eses públicos de fóra non tiñan un contacto intenso co grupo. Cando chegamos aquí, os nostálxicos tiveron que afacerse á voz dun novo solista, a que Berrogüetto tivese un timbre diferente. E este verán, eu sentinme moi ben acollido, con moitísimo afecto, e con moitísima comprensión por parte dos mais nostálxicos que tiñan como referencia a voz de Guadi. Fixeron un exercicio de readaptación ao novo discurso. E síntome moi querido polo público de Berrogüetto. Nas novas cancións non hai posible comparación, non hai un precedente. Eu, persoalmente, teño moitas ganas de que saia o disco novo para ter un repertorio propio, o repertorio vocal xa está feito para min.

Despois da integración na banda chegou a hora de compoñer.
-Á hora de compoñer con Berrogüetto, ¿é diferente facelo para voz masculina?

-Non exactamente na forma de compoñer. O que é diferente en Berrogüetto é que Guadi tiña una maneira de enfocar as cousas e eu teño a miña propia. O grupo ten unha estética musical moi definida e creo que o son do grupo non vai variar en exceso neste quinto álbum. O son da banda mantense a todos os niveis, aínda que hai unha evolución lóxica. Si se nota que imos cumprindo anos. Tomas todo cun pouco máis de calma.

-¿Como participou no primeiro disco?
-É un disco a nivel autoral e moi coral, eu, en concreto, participo máis en temas vocais.

-¿Como é a relación con Guadi Galego? ¿Non tiveron convivencia no grupo?
-Non, cambiamos peza por peza. Pero con Guadi teño convivencia porque facemos proxectos paralelos e traballamos en cosas xuntos permanentemente.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2009 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer