Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Músicas Galegas de actualidade (Lugo)
MÚSICAS GALEGAS DE ACTUALIDADE

30 de novembro e 1, 2, 3 e 4 de decmbro

Despois de realizar o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, dende a AS-PG e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo consideramos de grande interese seguir afondando no mundo da música galega e para iso organizamos este ciclo de conferencias e concertos, neste caso centrándonos nas músicas galegas de actualidade.

Día 30 de novembro: Rosa María Fernández, Tradición e vangarda desde os mestres Bal y Gay e Ángel Barja: a música esquecida.

Rosa María Fernández García é asesora de música da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Está especializada na música do século XX e é autora de numerosas publicacións

Actuación do Cuarteto de Cordas SANTART. Interpretarán o cuarteto nº 2 e o cuarteto nº 3

De Angel Barja, por primeira vez en Galiza despois da súa estrea.

O Cuarteto de Cordas SANTART nace co afán de crear un grupo de alta calidade musical, para promocionar a música clásica en todo o territorio galego.

Día 1 de Decembro: Luís Costa, A vontade identitaria do Coralismo Galego.

Luís Costa é profesor de Historia da Música da Universidade de Vigo e membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

Intervención de Solo Voces.

O Grupo Vocal "Sólo Voces" fundouse en Lugo en 1992. Dende entón leva traballando diversos ámbitos do repertorio coral: a música popular (rock, folk, pop...) e a culta (gregoriano, música sacra e profana de autores consagrados, obras de compositores contemporáneos...), baixo a dirección de Fernando G. Jácome. Interpretará pezas de Pascual Veiga e Xoán Montes.

Día 2 de decembro: Xan Fraga: Contexto Histórico cultural no que xorde o movemento da nova canción galega. Os Galeusca de música. Características da obra de Miro Casabella.

Xan Fraga: Licenciado en Xeografía e Historia, Especialidade de Historia Contemporánea, pola Universidade Central de Barcelona exerce como profesor no IES Alfredo Brañas de Carballo.Autor de numerosos traballos, entre eles Miro Casabella e a nova canción galega

Intervención musical: Miro Casabella. Miro Casabella, unha das voces destacadas da nova canción galega, formou parte de Voces Ceibes e logo desenvolveu unha consolidada traxectoria en solitario.

Día 3 de decembro: Xurxo Souto, No ano do relampo, a selva diversa das músicas emerxentes.

Xurxo Souto, é un cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica. O labor que o fixo máis popular foi o de líder e vocalista da banda de rock "Os Diplomáticos de Monte-Alto” É un gran difusor da música galega de agora e sempre.

Intervención en concerto de The Homens.

The Homens é un grupo galego de powerpop que tivo os seus inicios en 2004. Ten catro discos no mercado ademais de participar en traballos colectivos.

Día 4 de decembro: Carlos Villar Taboada: As músicas contemporáneas en Galicia: tendencias e compositores nun novo século.

Carlos Villar Taboada licenciouse na especialidade de Musicoloxía na Universidade de Valladolid, en cuxo Departamento de Historia e Ciencias da Música traballa desde entón como investigador e docente, con especial interese nos temas relacionados coas músicas do século XX en España, a análise musical, músicas contemporáneas e estética.

www.as-pg.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2009 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer