Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ovay (CD/DVD)
Ovay dinlle os canteiros ao ousado que encara o perigo sen vacilar, ao que reclama orgulloso o que é seu e dos seus. É a valentía de enfrontarse á propia evolución, de reivindicar a identidade cultural renovada. E é o que nos trae Quique Peón coa gravación do seu espectáculo “Ovay”.

Trinta anos de investigación etnográfica de Galicia, coa teima de explorar as múltiples posibilidades dos movementos tradicionais da escena moderna, permiten ao director e bailarín achegarse ao equilibrio maduro entre o enxebre e o depurado, a forza e o sosego, o urbano e o tradicional, o masculino e o feminino.
A dirección musical é de Xosé Lois Romero.
Comentarios (23) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2009 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Kike que forma mais mediocre de tirar por terra todo o que fixeche no folklore, pa facer ese tipo de espectaculo hai que ser moi vo e ati falta#blgtk08#che base, terias que ter estudado danza e so tes base de muiñeiras e xotas, e iso no e suficiente.
Por iso o teu espectaculo e mediocre
Comentario por bailarino (26-11-2009 10:11)
2 E quen es ti para dicir que a Quique lle falta base? Eu penso que o primeiro para opinar e botarlle collóns e poñer nome e apelidos, mais que nada, para saber se a opinión ven de alguén que sabe algo ou de alguén que non ten mais que envexas.

O traballo de Quique en Ovay, que eu vin dúas veces, penso que só pensa ser unha visión persoal dunha e#blgtk08#xperiencia que viviu durante mais de 30 anos e que pouca xente sentiu con tanta paixón.

Dada esa visión, a base en danza SOBRA, e SOBRA, por min como se non existise esa base.

Por iso o espectáculo de Quique é abraiante, e nos chega o corazón de moitos, e mais dentro, o corazón dos que amamos "o noso" e non o alleo, como a Danza.
Comentario por Xabier (26-11-2009 10:21)
3 xa e atua opiniòn respetable,o mes#blgtk08#mo do que e u penso do expectaculo
Comentario por bailarino (26-11-2009 12:08)
4 Ti fas unha opinión técnica de "danza" cando isto é outra cousa, e paréceme que a túa formación non che deu#blgtk08# para sentilo e comprendelo, ou hai algo de envexa nesa crítica na que "segues a ocultar a túa identidade"
Comentario por Xabier (26-11-2009 13:46)
5 Se a envexa fora tiña.... o #blgtk08#bailarino estaría ben calvo
Comentario por María (26-11-2009 16:55)
6 Parabéns!

Eu emocionei-me con O#blgtk08#VAY. Fixo-se-me curto.

Obrigado.
Comentario por Davide Maghúa (26-11-2009 17:13)
7 Este espectáculo esta feito para chegar ó corazón da xente, e dou fé de que o consegue.
A Quique non lle falta base de nada, porque él mesmo é a base do que fai. Él é a base sobre a q#blgtk08#ue se sustenta boa parte do que se fai de floclore galego.
Estou de acordo con Xabier, os comentarios deben ir firmados, senon perden o seu valor.
Noraboa Peón!! Señora!! jeje!
Comentario por Alex (26-11-2009 17:48)
8 Non teño palabras para describir as sensacións que tiven disfrutando de Ovay.
Creo que é un espectáculo maravilloso e de grande calidade.Discrepo totalmente coa opinion de Bailadorino ya que non tira por terra o que fixo no folclore senon que o enaltece e ademais él non é bo, é BOISIMO e con un gusto exquisito como todo o que fai,respecto ao que dices da "base" eu non fun a ver un espectáculo de#blgtk08# danza senon un espectaculo feito con corazón e que removeu todos os meus sentimentos e iso é o que me levo deste espectáculo.
De todos modos creo que calqueira que se sube a un escenario tratando a nosa cultura con tanto mimo e respeto xa é digno de admiración e se neste caso é unha persoa que adicou toda a súa a vida a este mundo...un pouquiño de respeto ao seu traballo guste ou non, verdade?
Comentario por Rosy (26-11-2009 18:08)
9 Ah! vouno me#blgtk08#rcar ya!!!!
Comentario por Rosy (26-11-2009 18:09)
10 O que máis destacou de todo o espectácu#blgtk08#lo... Xosé Lois e Suso grandes músicos.
Comentario por Mariña (26-11-2009 20:13)
11 O que mais destacou deste espectaculo foi QUIQUE PEÓN. Bailaríns h#blgtk08#ai moitos en Galicia pero artistas hay poucos.E el é un: ¡ARTISTA!
Comentario por Marois (26-11-2009 21:01)
12 Non podo xulgar o espectaculo porque non o vin pero si podo dicir de quique que e unha persoa cercana en #blgtk08#digna de admiracion, porque o seu traballo pola nosa cultura non e de dias si non de anos! Grazas quique
Comentario por Estela (26-11-2009 22:45)
13 E A VOSA OPINION EU #blgtk08#SIGO PESANDO E MESMO
Comentario por BAILARINO (27-11-2009 10:43)
14 Por suposto que si, bailarino, ninguén o discute, pero ponlle #blgtk08#nome home, que da máis credibilidade o asunto

Comentario por xandre (27-11-2009 11:13)
15 Opinar é fermoso e libre (sexa en positivo ou en negativo), mais xulgar normalmente é feo e soberbio (ou reservado exclusivamente a contados expertos que o fan con delicadeza, gusto e obxectividade).
De calquera xeito, non todo o mundo ten que gostar do traballo de Quique. Porque non todo o mundo pode apreciar o valor que ten o feito de que o noso folclore sexa colocado nos es#blgtk08#cenarios no lugar que debe ter, á altura doutras correntes de danza e mesmo doutros folclores que sí son valorados coma arte (incluso da man de bailaríns que non teñen formación de danza clásica ou moderna). Non todo o mundo pode ser capaz de ver un espectáculo co corazón aberto, para emocionarse, desfrutar e pensar.
Gracias a Quique por 30 anos, por Ovay e por todo.
Comentario por Lucía (27-11-2009 11:54)
16 Certo Mariña..Xose Lois e Suso grandes musicos e parte importante #blgtk08#do espectaculo..grazas a todos eles polo que me fixeron disfrutar.
Comentario por Rosy (27-11-2009 13:15)
17 Considerar que saber "muiñeiras e xotas" non é ter base de danza ten un fondo preocupante de desprezo pola cultura, coma se o noso baile tradicional non fose "danza", e non esixise igualmente coñecemento, disciplina e sensibilidade.

O espectáculo de Quique é impresionante, aínda que constatei que #blgtk08#non é para todos os públicos: a un(ha)s tócanos a fibra e a outr@s cústalles entendelo, e non poden deixar de velo como unha cousa "pintoresca" e mesmo "humorística", e rin en momentos moi tráxicos. Pero iso, paréceme das creacións máis potentes que vin nunca nun escenario, unha aposta forte polo risco. Parabéns!
Comentario por Lara (27-11-2009 14:21)
18 e folclore e danza popular osea do pobo
nada mais caeso a danza e m#blgtk08#oito mais que popular hai que estudiar moitos anos para ser un bailarin bo
Comentario por bailarino (30-11-2009 10:40)
19 Bailadorino, vese que non che gusta o meu traballo en Ovay, isto páreceme ben, non a todo o mundo lle ten porque gostar, inda que, á maioria das persoas emoiónalles, tócalles a fibra e fainos pensar. Por outra banda; tamén estou dacordo contigo en que para serem bailarín hai que estudar moitos anos, cousa que eu levo facendo desde hai máis de 30, pero non na disciplina da danza clásica, senón na linguaxe da danza tradicional, que é outra, e que precisamente fuxe de certas estilizacións que se dan na clásica e que faría que os movementos do tradicional perderan sabor, enxebrismo e honestida#blgtk08#de. Sería como si (e para que o entendas) a un cantaor de flamenco lle dixeran que o que ten que facer é estudar canto lírico. Eu penso que o que che pasa a tí é que es un IGNORANTE da linguaxe tradicional, inda que seguramente non é culpa túa, xa que, se estudache danza.... nos pláns de estudos actuais non se recolle o estudo da danza auténtica de Galicia, cousa que por outro lado é íncrible. Dame pena que hoxe en día haxa tanta confusión; unha cousa é o teu gosto persoal e outra chegar a pensar e decir que a danza é só unha e que ten unha soa forma de expresión. VIVA O NOSO. Sen máis QQ
Comentario por Henrique Peon Mosteiro (01-12-2009 09:45)
20 Algunhas veces non e mellor bailarin o que ten moitas anos e dedicacion á danza senon a persoa que transmite sensacións e chega ao espectador, neste caso bailando.
Aparte diso, tes moito atrevemento por dicir que o folcore e a danza non é nada mais que danza.
Claro que hai que estudar moito en calqueira ca#blgtk08#mpo das artes, de acordo!! agora ben, que é a danza sen as suas raices??Pois isto ven do pobo...non gastes tanto tempo estudando danza e culturizate un pouquiño mais que non todos son "portes" na vida neno,porque antes de chegar a ser un gran bailarin hay que ter que saber de onde vimos e cales son as raices dun pobo..
Comentario por (04-12-2009 15:40)
21 Algunhas veces non e mellor bailarin o que ten moitas anos e dedicacion á danza senon a persoa que transmite sensacións e chega ao espectador, neste caso bailando.
Aparte diso, tes moito atrevemento por dicir que o folcore e a danza non é nada mais que danza.
Claro que hai que estudar moito en calqueira ca#blgtk08#mpo das artes, de acordo!! agora ben, que é a danza sen as suas raices??Pois isto ven do pobo...non gastes tanto tempo estudando danza e culturizate un pouquiño mais que non todos son "portes" na vida neno,porque antes de chegar a ser un gran bailarin hay que ter que saber de onde vimos e cales son as raices dun pobo..
Comentario por (04-12-2009 15:40)
22 Algunhas veces non e mellor bailarin o que ten moitas anos e dedicacion á danza senon a persoa que transmite sensacións e chega ao espectador, neste caso bailando.
Aparte diso, tes moito atrevemento por dicir que o folcore e a danza non é nada mais que danza.
Claro que hai que estudar moito en calqueira ca#blgtk08#mpo das artes, de acordo!! agora ben, que é a danza sen as suas raices??Pois isto ven do pobo...non gastes tanto tempo estudando danza e culturizate un pouquiño mais que non todos son "portes" na vida neno,porque antes de chegar a ser un gran bailarin hay que ter que saber de onde vimos e cales son as raices dun pobo..
Comentario por (04-12-2009 15:41)
23 Ah! esquecia...son Rosy#blgtk08# a da opinión anterior.
Comentario por (04-12-2009 15:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer