Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Coruña cobre parte do oco do Culturgal coa feira AchegArte
Berrogüetto, Nani Garcïa e Manuel Rivas presentarán os seus novos traballos nesta iniciativa da Concellería de CulturaA.

A concelleira de Cultura da Coruña, a nacionalista María Xosé Bravo, demostrou onte que a súa defensa do Culturgal non foi só de palabra, e aínda que a feira galega das industrias culturais non terá edición este ano, tentará cubrir parte do oco que deixou co a iniciativa AchegArte: A Cultura que facemos. A cultura que queremos, na que se amosarán os traballos dos sectores do libro, as artes escénicas, a música, o audiovisual e as artes plásticas.

Todos os eidos da cultura galega terán algo que dicir na Coruña os vindeiros días 27, 28 e 29 de novembro. O sábado, o escritor e xornalista Manuel Rivas presentará ante os lectores o seu novo libro, Episodios galegos, unha recompilación dos seus artigos de prensa. O grupo folk Berrogüetto fará o domingo un adianto do seu disco Kosmogonías, o primeiro que publican dende a marcha de Guadi Galego. O mesmo día o músico coruñés Nani García presentará 5, o último álbum do seu proxecto con Baldo Martínez e Fernando Llorca.

Son algúns dos actos estrela desta iniciativa, que segundo informou a concelleira nunha rolda de prensa, se celebrará esta fin de semana, repartida entre o Palexco e o Kiosco Alfonso da Coruña. A idea de celebrala partiu dun colectivo de persoas que reclamaron unha nova edición do Culturgal “para lle dar visibilidade á nosa cultura, difundila e para demostrar que ten un peso decisivo na economía”, segundo Bravo.

AchegArte conta co apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña, xa que, segundo apuntou Bravo, “a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendible a longo prazo”.

A segunda e polo de agora última edición do Culturgal, organizada en 2008 pola Consellería de Cultura da Xunta e a Asociación Galega de Editores –propietaria do nome–, celebrouse no Palexco da Coruña, e foi visitada por máis de 37.000 persoas. Estaba previsto que en 2009 a feira das industrias culturais repetise sede, pero co cambio de goberno, o PP decidiu non organizala, porque “non había ningunha partida de cartos reservada para ela”, segundo o conselleiro Roberto Varela. Dende o primeiro momento, María Xosé Bravo alzou a voz contra esta decisión, por entender que significaba un erro, e puxo a disposición dos participantes o orzamento que a concellería tiña reservado para axudar a financiar o evento.

ESPECTÁCULOS PARA TODOS

Aínda así, non puido ser, e a área de Cultura da Coruña implicouse co AchegArte para non quedar sen celebración. Serán menos días, xa que o Culturgal adoitaba ter catro intensas xornadas, e esta cita terá tres, coa maioría das actividades o sábado e o domingo, pero conserva o mesmo espírito.

O sábado, Luar na Lubre ou o Alberto Conde Trío actuarán en directo, o colectivo Polaqia ofrecerá un obradoiro de banda deseñada e comezarán a proxectarse os mellores filmes do audiovisual galego en 2009. E e domingo, o grupo Chévere presentará a súa obra teatral O galego contraataca, o Alberto Conde Trío fará soar o seu jazz e a AELG organizará unha lectura compartida, entre outras moitas cousas.

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Projecto ['trepia] tamé#blgtk08#n andaremos por alí ;)
Comentario por Milego (26-11-2009 13:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer