Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os músicos galegos agrúpanse para dignificar o traballo en directo
Vigo, Pontevedra e A Coruña celebrarán asembleas o domingo co obxectivo de acadar os cen socios

Sesenta profesionais de toda Galicia asistiron na compostelán Sala Nasa a presentación de Músicos ao Vivo


Cunha festa en ton entre gremial e familiar a compostelá Sala Nasa acolleu onte a presentación da Asociación Galega de Músicos ao Vivo, un colectivo que leva meses traballando para defender un punto en común entre os profesionais da música por riba dos estilos e das circunstancias profesionais de cada quen. Uns sesenta músicos de toda Galicia déronse cita no encontro deste colectivo que traballa para cubrir unha lagoa histórica na música galega.
Xacobe Martínez Antelo, membro da xunta directiva da asociación, explicou que co acto de onte tratábase de avisar a todos os músicos sobre o nacemento dela.

Músicos ao Vivo levaba xa un ano constituída como tal, pero pola experiencia de estes doce meses púidose comprobar que «asociar aos músicos parece algo complicado, aínda que non se sabe por que». «Despois dun ano de estar traballando e contactando con máis músicos -explicou Martínez Antelo-, chegamos á conclusión de que o que temos que facer agora mesmo é unha campaña de captación de socios». Esta é a razón da convocatoria de onte na Sala Nasa. Co obxectivo de captar socios, o próximo domingo, ás cinco da tarde, haberá tres asembleas simultáneas en Vigo, Pontevedra e A Coruña. En Vigo terá lugar no local Xan Carallás, en Pontevedra no antigo conservatorio, e na Coruña no Achegarte.
Aínda que na xuntanza déronse cita unhas 75 persoas, houbo un bo numero de socios e de xente que non está asociada que non puideron asistir pero enviaron a súa adhesión.

Xacobe Martínez insistiu en que o obxectivo primeiro de Músicos ao Vivo é buscar a asociación da maioría dos músicos de Galicia, «que nos asociemos, nos recoñezamos como iguais e nos dotemos dun foro aberto de debate e comunicación, que é algo que non temos agora mesmo». Con esta asociación trátase, segundo o representante da nova entidade, de aglutinar a «músicos que teñan unha sensibilidade especial cara ao directo. Non pretende ser unha asociación excluínte. O que si pretendemos é que se hai un músico que non se dedica a tocar en directo, pois igual esta asociación non é a que máis lle interesa». O factor determinante é facer música en directo, dando igual que o músico sexa profesional, afeccionado, gaiteiro ou de orquestra.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer