Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Valoracións IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Os asistentes do IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, a través da enquisa de avaliación da actividade que se lles entregou, valoraron moi positivamente o desenvolvemento destas actividades, destacando sobre todo metodoloxía empregada e os contidos dos distintos relatorios e obradoiros polo seu interese para empregalos nas aulas.

O IV Congreso de Ensinantes volveu a incidir na necesidade de transmitir os coñecementos e o respecto pola nosa cultura tradicional aos máis novos, e neste punto toca, inevitablemente, pasar polo ensino obrigatorio en infantil, primaria e secundaria. Moitos dos relatorios e obradoiros estaban claramente enfocados a mestres e mestras que desenvolven a súa labor neste campo, tentando conciencialos da necesidade de tratar o tema da música tradicional na escola como clave para a súa supervivencia e como medio máis eficaz de educación, como debe ser a propia cultura.

Tratáronse temáticas moi diversas, dende iniciativas para salvagardar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial Galego no sistema educativo, a situación actual do ensino da música tradicional, o Patrimonio lúdico galego, o baile tradicional, novos estudios e métodos de baile e gaita, materiais didácticos, obradoiros prácticos de baile, experiencias musicais na escola...

En xeral gustaron moito as actividades prácticas, como son os obradoiros, que dan aos mestres liñas de actuación na escola e ideas de como levar a cabo o que se di no congreso. Ditos mestres e mestras seguen a reclamar materiais relacionados coa nosa tradición, un punto vital no que a Asociación de Gaiteiros pon o seu esforzo.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (17) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-11-2009 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Se non fose por maleducados ignorantes que se atreven a#blgtk08# dar unha comunicación sen ter nin idea do que fala...
Comentario por (24-11-2009 19:39)
2 como #blgtk08#quen?
Comentario por (25-11-2009 11:24)
3 Non hai porque dar nomes se el , non está presente para defenderse. Cousa qu#blgtk08#e sí fixo el na comunicación, atacando a personas que non estaban presentes
Comentario por (26-11-2009 14:30)
4 Non sería pa#blgtk08#ra tanto, ou
Comentario por (26-11-2009 16:19)
5 Pois si que o foi, pero dígovos unha cousa: a culpa non é da persoa en si (ao fin e ao cabo el só mostrou a sua ignorancia e mala educaciñon en púb#blgtk08#lico), senón de quen lle permite estar aí, dando unha información qu enon é verdadeira. eso demostra que as comunicacións non pasan filtro ningún.
Comentario por (26-11-2009 16:41)
6 Se o ataque fose á inversa, segura #blgtk08#que si diriades que era para tanto
Comentario por (26-11-2009 16:42)
7 En fin, esta é a sociedade na que vivimos, na que cada qu#blgtk08#en mira pola súa interese, dicindo defender o patrimonio
Comentario por (27-11-2009 10:06)
8 weno weno weno, mira q#blgtk08# botades por fora,jaja
Comentario por (27-11-2009 10:11)
9 o que non se pode facer é #blgtk08#censurar a nadie, penso eu
Comentario por (27-11-2009 10:12)
10 Pois non, estás confundido. Oódese censurar por suposto a unh apersoa que vai falar do que non sabe, contando mentiras. É igual que se eu vou falar da música da Ulla, s#blgtk08#en ter ido por alí nin coñecer de nada a zona nin a súa cultutra. POR SUPOSTO QUE ME PODEN CENSURAR!!! Pero é o que che digo, se fóse á inversa, ardía troya no congreso
Comentario por (27-11-2009 12:31)
11 pois poderías falar alí cn esa p#blgtk08#ersoa, e non neste foro, digo eu
Comentario por (27-11-2009 12:47)
12 O problema e que nas comunicacións non dan lugar a debate. O que máis doe, e que a xente que asistiu a esa comunicación, pensaría que era unha persoa informada, e lle faría caso do que dixo. Estou de acordo en que en parte, a culp#blgtk08#a non é del, senón de quen lle permite falar en público. Efectivamente, deberían filtrar as comunicacións, verificando que a persoa que as dea esté preparada e informada sobre o que vai falar, senón o congreso perde credibilidade
Comentario por (27-11-2009 13:04)
13 Non sei, eu penso q asistín a todas as comunocacións polo menos a#blgtk08#s do sábado, e non me dou conta de que ninguen insultara a nadie
Comentario por (27-11-2009 13:15)
14 Ninguén falou de insultar. Falo de atacar, se#blgtk08#n estar as persoas das que se fala presentes.
Comentario por (27-11-2009 13:36)
15 Puristas que saen a escea tocando un c#blgtk08#avaquinho. En fin... o mundo ao revés
Comentario por (27-11-2009 20:31)
16 sigo sen saber #blgtk08#de quen falades
Comentario por (27-11-2009 22:34)
17 Gera#blgtk08#rdo?
Comentario por (04-12-2009 15:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer