Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milladoiro, 30 anos de concertos
O grupo folk comeza hoxe en Vigo a súa xira de aniversario "Desde Maeloc"

O seu primeiro concerto celebrouse na Coruña en maio de 1979. Agora, 30 anos despois, Milladoiro comeza a xira "Desde Maeloc" para celebrar o seu 30 aniversario como formación. Esta noite actúan no Centro Cultural Caixanova a partir das 20.30 horas (entradas a 5 euros), un directo no que participarán Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal. A banda folk converteuse nun dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo.

O primeiro aplauso que recibiron durou preto de dez minutos. Foi na Coruña, en maio de 1979. "O público púxose de pé, unha maneira de dicir que por fin alguén ía máis aló das connotacións folklóricas da época". Con esta descrición Antón Seone (guitarra, acordeón e teclados) lembra un dos momentos máis gloriosos de Milladoiro. A formación cumpre agora 30 anos e para festexalo estrea esta noite, no Centro Cultural Caixanova de Vigo (20.30 horas), "Desde Maeloc", unha xira na que a banda volve subirse aos escenarios galegos para ofrecer as súas mellores cancións.

A paixón e o respecto pola música son a esencia pola que aínda hoxe seguen gozando dos directos. "Somos un grupo de persoas que gozou e goza coa música e o noso amor por esta arte permítenos continuar xuntos", asegura Antón Seoane. "Non coñezo ningunha banda que bote 30 anos coa mesma formación como nós", engade.
O seu segundo "gran momento" tivo lugar en 1985, cando Milladoiro recibiu o Pedrón de Ouro. "A intelectualidade galega estaba a valorar o noso traballo e nós vimos nese xesto un compromiso co noso país", declara Seoane.

Ao longo deste tres décadas presenciaron diversos cambios no panorama musical. "Cando empezamos había moita precariedade artesanal e mediática e había que convercer ao público para conseguir certo recoñecemento social", explica.
Non sabe o lugar que ocupa a música galega, pero considera que os músicos teñen pouca transcendencia. "Non temos un sinal de seriedade como a pintura ou a literatura", afirma. "A música considerouse a cultura do entretemento, o acompañamento das cousas serias", matiza.
Considéranse un anel máis dunha longa cadea composta por compañeiros como Luar na Lubre, Berrogüeto ou Carlos Núñez, entre outros. "Salvo en Oceanía, estivemos en todos os continentes. A música ten unha linguaxe universal e é capaz de emocionar tanto en Galicia como en Tanzania", asegura.

Os membros Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal volverán subirse ao escenario cos seus compañeiros. "A maior sorpresa é que seguimos vivos e, tras éxitos e momentos malos, seguimos gozando xuntos", recoñece Seoane.


www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Foi moi emocionante o momento no que se quedaron#blgtk08# no escenario unicamente os membros fundadores.
Comentario por Morgana (22-11-2009 16:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer