Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O goberno do PP retíralle o apoio ao ensino e difusión da música tradicional galega
A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, denuncia que "o Goberno do PP, segundo a súa política antigalega, estalle a retirar o apoio ao ensino e difusión da música galega". "O máis grave é a xustificación: non é de interese para Galiza", dixo o Goberno.

En concreto, a deputada nacionalista refírese á decisión da Consellaría de Cultura e Turismo de retirar o seu apoiio ao proxecto da Central Folque, "un proxecto que nacera no concello de Lalín, que dera un paso importante coa súa implantación en Santiago, mais que este goberno decide abortar".

Ana Pontón subliña que "o máis grave é a xustificación que se da dende o Goberno de Feijóo: non é de interese para Galiza".

"Non sabemos, pois, para que precisamos unha Consellaría de Cultura, senón é para promover, dignificar e normalizar a cultura galega; non sabemos como os máximos responsábeis culturais da Xunta afirman que non ten interese promover estudos encamiñados a dignificar e promover a nosa música tradicional", advirte a parlamentaria nacionalista.

Ademais, a deputada do BNG denuncia que "a fobia ao galego do Goberno do PP non o leva só a retirar o apoio económico á Central Folque, senón mesmo a impedir que use os espazos da Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, das que viña desfrutando até o momento".

Para Ana Pontón, "esta actitude da Consellaría de Cultura evidencia a deserción do actual Goberno de Feijóo coas súas obrigas no terreo cultural e lingüístico e a intención clara de evitar que os nosos sinais de identidade se normalicen e sexan un elemento de cohesión e orgullo de todos os galegos e galegas".

Ante esta situación, a deputada do BNG esíxelle á Consellaría de Cultura que concrete cales son as razóns que a levaron a retirarlle o seu apoio á Central Folque.

Pregunta tamén se "considera a Consellaría de Cultura e Turismo que apoiar proxectos destinados a promover, estudar e divulgar a música tradicional galega non forma parte dos obxectivos deste departamento".

Por último, demándalle ao Goberno do PP se vai estender esta posición a outros proxectos deste tipo que contaban co apoio da Xunta de Galiza.

www.gznacion.com
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Unha volta ma#blgtk08#is na Pporca
Comentario por Davide Maghúa (19-11-2009 12:16)
2 Este país é terrible. E todo por culpa do mausoleo de #blgtk08#fraga!!! Así viñera un terremoto e o levara con el!!!
Comentario por Edu (19-11-2009 12:21)
3 Como ten que ser, todo o Galego é unha trapallada e mentras fomentamos isto que é o noso, (falando con ironía):

ht#blgtk08#tp://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/19/0003_8116506.htm

Viva Galicia!!!!!
Arriba a Cultura Galega!!!
Comentario por Juan Carlos (19-11-2009 14:01)
4 Quitádelle o ht...tp que o escribiu#blgtk08# mal, collede dende as www.........
Comentario por (19-11-2009 14:02)
5 Este país é terrible. E todo por culpa do mausoleo de #blgtk08#fraga!!! Así viñera un terremoto e o levara con el!!!
Comentario por Edu (19-11-2009 14:32)
6 Non vos preocupedes que sempre quedará a Banda da Deputación #blgtk08#de Ourense.

Total, parea eles élle o mesmo...
Comentario por Xan Lois (19-11-2009 23:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer