Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asturias avisa a SGAE: coidado coa apropiación de cancións tradicionais
O gaiteiro Hevia, directivo da entidade, nega que exista esta práctica: só
se cobra polas versións

Coñecidos representantes da música tradicional asturiana expresaron esta semana, en declaracións a Europa Press, a súa esixencia á Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) para que realice peritaxes e maiores controis das obras que se rexistran, a fin de evitar que determinadas persoas se atribúan os dereitos de autor de coñecidos temas anónimos. Con todo, o gaiteiro José Ángel Hevia, directivo da entidade, nega que exista este problema e recalca que a SGAE só cobra dereitos por arranxos ou versións de temas tradicionais rexistrados por outros grupos.


Todos eles ofreceron a súa opinión a respecto do proceso xudicial aberto entre a SGAE e o Concello de Cabranes, por mor da demanda presentada pola Sociedade, que reclama ao Consistorio 7.500 euros por dereitos de autor. Aínda que moi pequena, de só 96 euros, existe unha parte que corresponde á interpretación de temas tradicionais por parte da Banda Gaites Villaviciosa e diversos grupos de baile. De feito, o director musical desta formación declarará como testemuña no xuízo, para defender que só tocou temas tradicionais e non ningunha versión.

O caso de Héctor Braga

A este respecto, Héctor Braga, músico e musicólogo, esixiulle á SGAE unha peritaxe e un maior control das obras que se rexistran, pois ten claro que existe o problema de que determinados autores inscriben ao seu nome temas tradicionais. O mesmo mantivo hai uns anos un proceso contra a sociedade, tras serlle reclamada a autoría de determinadas pezas de bandurria que el recuperara nun álbum, e que estaban inscritas a nome doutro autor. No xuízo, con gravacións en man, conseguiu demostrar que os temas eran anteriores á devandita inscrición, e non tiñan intérprete coñecido.

Foi un punto de vista no que coincide Xosé Ambás, gaiteiro do grupo N’arba, e vocalista de Tuenda, conxunto que arranxa melodías tradicionais, que el recupera tras gravar cancións que consegue percorrendo pobos e aldeas asturianas. O seu traballo vese reflectido na TPA, no programa ‘Camín de cantares’. “Estou totalmente en contra de que ninguén reciba beneficio pola música tradicional”, sinalou. Con todo si se mostrou conforme con que haxa arranxos rexistrados e instou os músicos asturianos a facelo. Por este motivo, esixiu á SGAE un maior traballo de control do que se rexistra, a fin de evitar que sexan arranxos, e non melodías tradicionais.

Xune Elipe, cantante de Dixebra, e responsable de Discos L’Aguañaz, casa que edita moitos dos grupos de folk asturianos, foi aínda máis esixente: “A SGAE debe facer un traballo moito máis metódico”, porque Autores “non sabe nin o que rexistra nin o que cobra”, declarou antes de considerar que esixir dereitos de autor por música tradicional “sería unha atrocidade

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-11-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer