Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
O Serán de Sobradelo reunirá esta noite un feixe de músicos dispostos a potenciar a tradición

Os amantes da música tradicional teñen esta noite unha cita cun dos mellores -se non o mellor- seráns de Galicia. Trátase dun tipo de convocatorias que recordan as xuntanzas que se facían nos alboios ou nas eiras unha vez que se remataban as tarefas do día.
Ao Serán de Sobradelo vén cada ano xente de toda Galicia, e nesta ocasión non será menos. Xa van alá varias edicións e a intención dos seus organizadores, a asociación Nós, é facer que perdure.

No campo da festa instalarase unha carpa, e haberá un pequeno pincho para os asistentes. Mexillóns, patacas cocidas, empanada e rosca con chocolate serán algunhas das propostas para esta tarde. A entrada, e tamén a papatoria, serán gratuítas.

As actuacións comezarán ás nove e media da noite, sen horario límite. A medida que vai chegando a xente, vaise anotando e van actuando, respectando dentro do posible a orde.

Este é o cuarto Serán e, pola experiencia de anos anteriores, actuarán arredor de vinte ou vinte e cinco agrupacións folclóricas. Ademais, a xente que teña gañas de tocar, e un mínimo coñecemento de como facelo, pódese sumar. Hai, como dixeron os organizadores onte durante a presentación, unha parte máis formal, proposta polos grupos, e outra máis espontánea, na que poden participar todos os afeccionados que o desexen.

Na primeira división
O concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, e a directiva da asociación Nós, representada onte por Xurxo Santos e José Manuel Millán, presentaron onte este espectáculo, un acto no que Castro Ratón valorou o esforzo que durante os últimos anos se está facendo en Galicia para organizar este tipo de actos e atraer a xente de toda a comunidade. Segundo o concelleiro, o Serán de Sobradelo sitúase na primeira división entre os actos deste tipo que organizan distintas asociacións. Segundo a súa opinión, trátase dunha actividade importante para manter vivo o patrimonio cultural.

Para Xurxo Souto, o Serán dos Namorados, que ten ademais un suxestivo nome, é o máis importante que se fai en Galicia. Pero por detrás del situaríase xa o de Sobradelo.

Así que os seus organizadores invitan a todos os amantes da música tradicional a achegarse esta noite a Sobradelo e, a cuberto da choiva, gozar co bo facer dos máis de trescentos músicos que sen dúbida participarán neste acto. Boa música e boa comida, todo elo de balde, son un plan que sen dúbida resultará apetecible para a noite do sábado.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-11-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer