Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Xira nostálxica de Milladoiro
Hai 30 anos que con A Galicia de Maeloc se puña en marcha o grupo máis influínte da historia do folk galego. Despois de tres décadas de éxito dentro e fóra do país, Milladoiro bota a vista atrás e fai un “aceno á nostalxia” para recordar o mellor do seu repertorio na xira “Dende Maeloc”, que os levará a Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Nos concertos incluirán pezas do seu último disco, pero sobre todo temas clásicos recuperados dos 20 álbums editados desde 1979. A xira comeza o 20 de novembro en Vigo, e continuará o 30 deste mes en Lugo, o 19 de decembro en Ourense e o 20 de decembro na Coruña. Nos concertos participarán todos os músicos que pasaron pola banda e continúan en activo, como Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal.


Lembranzas, anécdotas e un feixe de historias dominaron a presentación do concerto polos seus 30 anos tocando, ‘Desde Maeloc’, que Milladoiro ofrecerá o vindeiro 20 de novembro, ás 20.30 horas, no teatro del Centro Cultural Caixanova, e tralo que iniciarán unha xira por distintas cidades de Galicia.

‘Nós tocamos neste teatro cando aínda era o García Barbón co apoio que sempre nos brindou Caixanova’, lembrou Pepe Ferreirós, que xunto a Moncho García y Nando Casal, tamén no acto, foron a xérmola de Milladoiro: ‘Conquerimos encher o aforo polo empurre dun público que voltará o 20’. Esta vai ser una actuación entrañable para o grupo: ‘Coincidiremos no escenario a formación inicial con Laura Quintillán, Rodrigo Romaní e Roi Casal, polo que faremos un guiño especial para nostalxia con temas sinalados na nosa discografía’, afirmou Moncho García, ao tempo que Nando Casal lembrou unha anécdota que lles aconteceu co ‘Alalá das Mariñas’, incluido entre as cen mellores composicións da música de raíz en Xapón: ‘Ofrecíamos un concerto interno nunha emisora da Coruña e ao tocar este tema, unha parella apértase e comeza a chorar; eran dous madrileños que namoraran escoitándoo’. ‘Este concerto resume un proxecto que iniciamos hai trinta anos na casa de Pepe Ferreirós, en Catoira, tocando a gaita na sala de estar, que pensabamos duraría ata o inverno, pero que nos levou a cumprir moitos sonos como viaxar por todo o mundo e tocar cos grandes’, sentenciou García.

‘A música galega está ‘sanota’ e non vai sufrir recaídas’

Trinta anos de Milladoiro e vintecinco do Centro Cultural Caixanova son dous aniversarios para unha cita especial que percorrerá tres décadas de producción artística, vinte discos no mercado e actuacións ao longo de todo o mundo. O primeiro concerto no Salesianos da Coruña o 15 de maio e o disco Maeloc marcaron un inicio que rematou co grupo Milladoiro enraizado no patrimonio do país, como eles mesmos se ven. ‘O panorama da música tradicional cambiou moito dende que comezamos, daquela estaba en vías de extinción e agora case chegamos a sobrepoboación’, afirmou Ferreirós. O músico de Catoira lembrou que a finais dos setenta os únicos que mantiveron vivo o foclore foron os gaiteiros tradicionais, ‘os que non se lles recoñecía o mérito; de feito, a música folc carecía de consideración ata entre os núcleos máis comprometidos’.

Ferreirós relatou como nun festival onde participaban cantautores presentáronos dicindo: ‘mentres voltamos coas actuacións, van facendo tempo este grupo de gaiteiros’. Esto indignou aos Milladoiros porque ‘considerabámonos igual de reivindicativos que a canción do país’. Nun momento tan delicado para a música galega, ‘intérpretes procedentes doutros ámbitos como o universitario tornaron dela’, declarou García e engadíu que ‘precisaba dunha ornamentación, xa que deixara de ter unha finalidade de acompañamento do rural e tiña que dirixirse a outro público’. Entón xurdíu Milladoiro que supuso un revulsivo: ‘A música galega está ‘sanota’ e non vai sufrir un retroceso ata chegar o de antes, a nosa contribución ao longo de 30 anos servíu para algo’, declarou Ferreirós.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer