Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuarteto Caramuxo
Aínda que levaban anos tocando xuntos realmente se deron a coñecer ao vencer no certame folk Cancioneiros, organizado pola Fundación Barrié, e agora sacan o disco gravado grazas a acadar ese primeiro lugar.

Estiveron hai un mes participando na homenaxe a Milladoiro organizada na VIII edición dos Premios Opinión e chamaron moito a atención coa súa proposta. Á xente quedáronlle as ganas de saber porque se denominan cuarteto sendo un sexteto e a explicación vén dada “porque nun comezo éramos so catro clarinetes dentro dunha formación clásica de música de cámara Logo engadimos a percusión e despois chegou o acordeón, pero decidimos manter a denominación porque se vas a internet e pos Caramuxo sae a compañía teatral ou a empresa de camisetas”.

–Canto lle debe o grupo ao certame Cancioneiros?
–Foi un empurrón importante e deunos a coñecer a nivel galego. Chegamos xa co traballo feito porque as bases axustábanse ao noso repertorio. Os Cancioneiros foron a nosa fonte de información.

–A súa proposta diferente, baseándose en clarinetes, é a súa gran baza artística?
–Cando non nos coñecen é verdade que fican un tanto abraiados. Unha melodía podes tocala co instrumento que queiras. Cómpre amosar que a música tradicional non está morta e hai diferentes xeitos de abordala. Neste eido queda aínda moito por facer.

–Outro elemento importante son uns arranxos que resultan moi resultóns.
–Partimos dende a melodía e un de nós presenta unha harmonización, e a partir de aí comezamos a xogar e cadaquén comeza a aportar elementos co seu instrumento. É un labor moi colectivo.

–Como traballan esa posta en escena tan eficaz?
–O actor Avelino González, con quen coindimos no teatro, axudounos moito e aprendimos moitas cousas con el para saber estar en escena. É importante que se dea o feedback co público e sinta que se toca para eles. Quizais exista unha imaxe que provén da música clásica dun músico que executa pezas complicadas e está moi concentrado na escena, pero cando fas música popular debes tender a ser divertido e que a música teña vida. Non tocamos cousas que nos queden grandes a nivel interpretativo.

–E móvense entre estilos que poden representar ben dúas pezas metidas no disco, a tradicional de Xosé M. Fernández e a imaxinativa de Nacho Muñoz.
–E son mundos que poden convivir perfectamente. Na actualidade o mundo do folk é moi variado e seguro que vas atopar algo que che guste. A xente vai ver un espectáculo e ás veces a música que chega por detrás é o de menos, entendendo ben esa expresión.

–Que lembran da gala dos PREMIOS OPINIÓN?
-Foi moi agradable. Era a segunda vez que uníamos o noso nome a Milladoiro e iso é como poñerte no máis alto nada máis chegar.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2009 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer