Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Remata o prazo do X Certame Folk Radio Obradoiro |
|
O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, e a Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convocan a décima edición do Certame de Música Folk Radio Obradoiro en Santiago de Compostela, segundo as seguintes BASES:
I.Poderán participar todos os grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada.
II.Non poderán tomar parte neste certame aqueles grupos/solistas que, a data 1 de novembro de 2009, teñan asinado un contrato discográfico, nin os gañadores das tres edicións anteriores.
Admitirase que ata un 25% dos compoñeentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.
III.Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:
RADIO OBRADOIRO
EN CLAVE DE FOLK
Rúa Preguntoiro, 29
15.704 ? Santiago de Compostela
No envío debe haber dous sobres.
a)No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.
b)No segundo, o boletín de inscrición, a fotocopia do DNI de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono e un correo electrónico de contacto e o título das cancións, así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.
c)Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación na gala final do certame, no suposto de resultar seleccionado.
IV.Serán seleccionadas catro maquetas (número que pode variar en función da calidade da interpre-tación), que pasarán á final. A escolla correrá a cargo da organización, sen coñecer a identidade dos grupos/solistas. Non se terá en conta a calidade da maqueta.
V.O prazo de recepción de maquetas remata o 31 de decembro de 2009.
VI.A gala final do certame celebrarase o venres 22 de xaneiro de 2010 no Teatro Principal de Santiago. A Organización do certame comunicará aos finalistas a data e a hora nas que deben realiza-las probas e a actuación. A orde establecerase por sorteo días antes da celebración do concurso. Se o grupo/solista convocado non puidera estar presente, fará o propio no seu lugar un suplente dos tres que se seleccionarán na fase previa.
VII.Os finalistas deberán facilitar á Organización o raider e datos sobre instrumentos ou calquera outro accesorio que necesiten para a realización da súa actuación. A Organización comprométese a instalar o escenario así como un equipo de son e iluminación.
VIII.Na final os grupos/artistas seleccionados deberán interpretar tres temas, alomenos dous orixinais e inéditos (non teñen porque ser os da maqueta).
IX.A Organización quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que, tamén en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer os participantes.
X.A Organización poderá desenvolver as accións que considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados. A presentación a esta convocatoria implicará, no caso de traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen, así como a cesión a favor da Organización dos dereitos de edición.
O feito de participar nesta convocatoria supón a autorización dos participantes a favor do Grupo Correo Gallego e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para a exhibición, reproducción ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se estime oportuno, sen máis limitacións que as dereivadas do Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobra a materia.
XI.A composición do xurado será feita pública cando a Organización o considere axeitado. Serán cinco persoas relacionadas co mundo da música.
XII.O premio consistirá nunha aportación en metálico de 1.500 euros para o primeiro clasificado. A organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O nome do grupo gañador farase público o mesmo día da celebración da final. A Organización poderá publicitalo en dife-rentes medios de comunicación. O premio poderá ser declarado deserto.
XIII.O fallo do xurado será inapelable. A participación neste concurso implica o acatamento das bases, que están suxeitas a xustificadas modificacións. As maquetas poderán ser utilizadas por Radio Obradoiro para a súa difusión.
XIV.As obras dos participantes non premiados ou, de ser o caso, calquera outro material presentado no seu lugar, deberán ser retiradas por eles ou pola persoa autorizada, nos estudios de Radio Obradoiro (r/ Preguntoiro, 29, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da celebración da gala final. Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Organización, que poderá darlles o destino que estime oportuno.
XV.Protección de datos de carácter persoal. De acordo co artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos recollidos ao abeiro desta disposición que se consideran exactos e postos ao día, ademais de pertinentes e axeitados, serán incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable Telecable Compostela cuxa finalidade é ?a convocatoria, xestión e difusión do contido e resultado do programa así como das obras e artistas premiados?. Os datos recollidos non serán cedidos a terceiros, agás a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, e en caso de que algunha lei o previse. O interesado pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable do tratamento Telecable Compostela no enderezo: Rúa Preguntoiro, 29 ? 15704 Santiago de Compostela.
BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN:
Datos do grupo ou solista:
Nome:
DNI/CIF:
Enderezo:
email:
Teléfono:
E na súa representación:
Nome:
DNI/CIF:
Enderezo:
email:
Teléfono:
Lema co que concursa:
Títulos dos temas cos que concursa:
Documentación complementaria:
Declaración xurada de que o grupo non ten asinado a 1 de novembro de 2009 un contrato discográfico en vigor.
Fotografía do grupo e currículo.
www.radioobradoiro.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|