Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV Premio de Investigación Antonio Fraguas

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XV EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” nesta materia de acordo coas seguintes
BASES

1.- Establécense DOUS premios:
PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros
PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros

2.- A modo de orientación, para a presentación de traballos:
Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, medidas, patróns, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou esos traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS aqueles nos que, ademais se investigue quen fixo o traxe, con que mecanismos, como traballaba, en que área distribuía a sua producción. Nesta modalidade de investigación recoméndase non só a recolleita e catalogación das formas (incluíndo a pescuda en inventarios pos-mortem, na tradición oral ou na iconografía), senón tamén a investigación verbo das crenzas e valores relacionados co traxe, da influencia na indumentaria dos poderes relixiosos, económicos e políticos, e finalmente dos aspectos sociolóxicos, coma o dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc.)

3.- Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego, Avda. Coimbra, nº 2 baixo, 15704 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2009

4.- Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.

5.- Os traballos deberán acompañarse da documentación ou fotografía correspondente.

6.- Os traballos premiados poderán publicarse a iniciativa da Asociación do Traxe Galego, se así o estima, mantendo os seus autores/as, os dereitos de propiedade intelectual.

7.- O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.

8.- O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.

9.- O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poideran xurdir nas súas deliberacións.

10.- Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.

11.- Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse os seus autores/as dentro do mes seguinte o veredicto do Xurado.

12.- O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-11-2009 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer