Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tiruleque presenta disco en Compostela

O GRUPO FOLC CORUÑÉS TIRULEQUE PRESENTARÁ EN SANTIAGO O SEU PRIMEIRO DISCO O VINDEIRO XOVES 12 NA CASA DAS CRECHAS

O concerto – presentación do novo traballo discográfico comezará ás 22:30h. Baixo o mesmo título que o nome do grupo a formación coruñesa pretende compartir a súa maneira de entender a música que ven facendo dende hai xa sete anos nun concerto que promete moita festa

Continuando ca xira galega de presentacións do novo disco iniciada o pasado 4 de setembro e tras percorrer festas, encontros musicais e festivais de recoñecido prestixio por case todo o territorio galego, entre os que destacan o de Ortigueira, Pardiñas, Couso, A Marosa, Bretoña ou O Viso, o grupo presentará oficialmente en Compostela o seu primeiro traballo discográfico.

A banda coruñesa está formada actualmente por Antón Bueno (contrabaixo, gaita e coros), Álex Fente (acordeón e coros), Pablo Pintor (clarinete, gaita, pito galego, triángulo e voz), Fernando Román (saxo, clarinete, gaita e coros), Miguel Horjales (caixa, percusións e coros) e Luis García (bombo con pratos, percusións e coros).

O disco, autoproducido integramente polo grupo e gravado en Bonham estudios de A Coruña no 2009, poderá adquirirse no lugar do concerto para todos aqueles que así o desexen. Dende antes da súa estrea, están colgados tres temas na web oficial (www.tiruleque.com) onde poden descargarse gratuitamente para ir abrindo un bo sabor de boca.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer