Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música para manivela
Tres instrumentos accionados con manivela: a zanfona, peza inventada no século X a imaxe a semellanza do sol, e dous mecánicos que len cartóns furados onde están escritas as melodías –a caixa de música (do século XVIII) e o órgano de barbaria (do XIX)–, alíanse coa improvisación e os loops en directo en Pi, o espectáculo musical que Germán Díaz achega hoxe ás 20:00 horas ao Auditorio Caixa Galicia de Lugo, no seo do XIX Festival de Jazz desta cidade, que acaba de comezar.

"O de Pi vén pola relación coa circunferencia de todos os instrumentos. Todos se tocan con manivela...", explicou Díaz. Mentres, unha pedaleira grava sons en directo que despois se lanzan para improvisar. E a circunferencia complétase.

"Unha roda que servía para fregar cordas que se accionaban, unhas, cun curioso teclado disposto nunha caixa harmónica, e outras, co simple rozar desta circunferencia", deu orixe á zanfona, segundo lembra este músico, nado en Valladolid e instalado en Galicia, no dossier de Pi. Despois, varias rodas dentadas serviron para crear a caixa de música. O órgano de barbaria, que funcionaba cunha roda dotada dunha man excéntrica, é o máis moderno dos tres instrumentos.

"Gústame moito a música mecánica. Sempre me interesou esta parte da historia da humanidade. No XIX, a música mecánica comezou a substituír ás bandas, que eran máis caras: o organillo, a pianola... A caixa de música é o aparello que podes atopar, por exemplo, nos xoieiros que tocan ao abrilos. A que eu utilizo le os cartóns que eu perforo. O órgano tamén le os cartóns, pero son lingüetas libres, como nun acordeón...", comentou.

A improvisación é un elemento esencial do espectáculo. "Toco, por exemplo, a caixa, e gravo o son en directo. Despois lánzoo, e compaxínoo coa zanfona... A improvisación serve de contrapunto á rixidez dos intrumentos mecánicos", afirmou.

Así, Díaz ofrece, neste espectáculo, pezas que transitan entre a música tradicional, o jazz... "Algunhas son composicións miñas, outras doutros autores: de Richard Galliano, de Valentín Clastier...", salientou. Germán formou parte de proxectos como a francesa Viellistic Orchestra, o cuarteto acústico do galego Baldo Martínez, un dúo con Pascal Lefeuvre... Tocou con Uxía e editou case unha ducia de traballos propios. No 2004 creou o selo Producciones efímeras.

Neste momento prepara un proxecto de música da guerra civil co guitarrista Antonio Bravo, outro como Pi, en solitario, pero con discos de vinilo e gravación de voz humana, e un CD de arrolos con outros músicos como Guadi Galego, Xabier Díaz, Xacobe Martínez...

O Festival de Jazz ofrece hoxe outros dous concertos: un do galego Pablo Seoane co seu cuarteto no clavicémbalo ás 23:30 horas, e outro dun dos grupos máis sólidos do actual jazz español: CMS TRIO, no Círculo das Artes, á 21:30 horas.


www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer