Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ourensán Pablo Devigo volve facerse co ´Constantino Bellón´ de gaita
A actuación dos dez finalistas tivo lugar onte á noite no teatro Jofre

Lonxe das súas datas orixinais -acostumaba a organizarse a finais de agosto, coincidindo coas festas de verán da cidade- o Ateneo e o Concello de Ferrol celebraron onte a XI edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón, que este ano non contou coa esperada e ata o de agora fiel colaboura da Xunta de Galicia.


Dez músicos competiron onte á noite na final no teatro Jofre, e o xurado -que presidía Víctor Fernández Gabeiras- acordou conceder o premio, dotado con tres mil euros a o ourensán de Castro Caldelas Pablo Devigo, que na edición anterior gañara este mesmo galardón e o de composición. Os dous accésits de interpretación, cada un premiado con mil euros, foron para Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, e Gonzalo Manuel Abelairas Lemos, de Ourense.

Xunto a eles chegaron á derradeira fase do certame Eric Alexander Corrante, de Valencia (Venezuela); Ricardo Mouriño Freire, de Ferrol; Santiago Agustín Molina, de Arxentina; Isidro Vidal Gallardo, de O Carballiño; Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez, de Buenos Aires; Daniel Lumbreras Rodríguez, de Donostia e Bruno Villamor Gay, de Lugo e Pablo Devigo Vázquez.

Na velada no Jofre entregouse tamén a Gaita de Ouro, que nesta edición premiou a Miguel Doval González, polo seu labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O galardoado quixo agradecer a Airiños de Fene, que dirixe, o labor que desempeña e adicou o premio a súa muller e á súa filla.

Pola súa banda, Jesús Rodil Rodríguez, foi o gañador do premio de composición para gaita galega solista, coa súa partitura “Lugrís”, escrita para gaita solista, orquestra de corda, percusión e piano. Recolleu o galardón a súa moza, que agradeceu ao xurado a súa decisión. Os accésits neste apartado corresponderon a Javier María López Rodríguez, por “Tumbaleira”, para gaita, orquestra de corda e piano, e ao gran triunfador da noite, Pablo Devigo Vázquez, por “Jota”, tamén para gaita, orquestra de corda e piano.

Os finalistas do Constantino Bellón recibiron tamén unha figura de Sargadelos, un diploma e a obra musical Gaifonia, de Bautista Bernat e Xoán Carlos Rilo, cortesía do Concello das Pontes nesta edición.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Non deixa de ser curioso: a mesma Xunta que non financia o Cul#blgtk08#turgal, tampouco financia o Bellón. Qué será o que financien?
Comentario por goretoxo (09-11-2009 13:41)
2 Noraboa a todos #blgtk08#os Premiados!!!
Comentario por (09-11-2009 23:53)
3 Noraboa a todos!!!Os gaiteiros premiados e os compositores. Non puiden acudir ó concurso por estar fora, asi que agradecería que alg#blgtk08#uén subira videos das actuacións dos solistas e se non e moito pedir algún video dos premiados de ponteareas. Saudos dende Castilla
Comentario por Juan De Miguel (10-11-2009 01:53)
4 A miña sincera noraboa a Pablo Devigo e aos outros catro#blgtk08# premiados, tanto en composición como en interpretación.
Comentario por (15-11-2009 23:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer