Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
VI ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular e o Concello de Pontevedra, presentan a VI edición deste festival sobre pandeiros de mao (adufe, pandeireta, pandeiro, bendir, rij, duff, ... ) entre os días 11 e 14 de novembro cunha oferta variada sobre este tipo de instrumentos.

Este ano o país convidado é Brasil, cultura que recibiu o pandeiro dos colonizadores portugueses desde o século XVI e o adaptou ao seu xeito musical acadando grandes cotas de evolución.

Contaremos coa presenza de artistas coma Marcos Suzano, Carlos Núñez, Renato Spencer, Con canto Donaire, e actividades varias: Haima DUF, Fai o teu Pandeiro!, programación infantil, asociacións árabes e brasileiras, Serán Urbano,...

O festival terá lugar entre o 11 e o 14 de novembro en diferentes localizacións: praza do Teucro, Teatro Caixanova e Museo de Pontevedra.

Entre outros, contaremos con Carlos Núñez nun coloquio sobre as súas experiencias no Brasil, a Marcos Suzano en concerto, obradoiros para especialistas, a Haima DUF (espazo aberto e de información), actividades de interculturalidade e o xa clásico Serán Urbano.

Dáse continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao público especializado e o público xeral. A meirande parte da súa programación celebrarase nas rúas e prazas de Pontevedra con concertos, o Serán Urbano, feira de artesanía musical, punto de información cunha exposición temática, actividades infantís, animación de rúa,...

Unha oportunidade para a interación socio-cultural. Este ano terá protagonismo o BRASIL a través de asociacións que recrean música brasileira na Galiza, sen esquecer a comunidade árabe protagonista da pasada edición.

RESUMO DO PROGRAMA

mércores, 11 de novembro
-18 h. Museo de Pontevedra.
"Alborada do Brasil" coloquio con Carlos Núñez

venres, 13 de novembro
- 16 h. Praza do Teucro
Apertura Haima DUF:
Batuke brasileiro, artesanía musical, actividades infantís, feira de artesanía musical, postos de asociacións de colectivos de inmigrantes árabes e brasileiros

- 21 h. Teatro Caixanova
Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire

sábado, 14 de novembro
- 10 h. Museo de Pontevedra
Master Class* con Marcos Suzano. Técnica de pandeiro brasileiro

10 h. Museo de Pontevedra
- Fai o teu pandeiro!* con Carlos do Viso. Construcción dun adufe

*Actividades de pago e prazas limitadas.

- 12 h. Haima DUF
Ao encontro de... Renato Spencer. Concerto didáctico

- 17 h. Haima DUF
"Tan iguais, tan diferentes". Convivio con mulleres brasileiras, galegas e árabes.

- 18 h. Haima DUF
Exhibición de capoeira co grupo Arte Negra

- 20 h. Haima DUF
Serán Urbano

Máis información aquí.

Pra inscrición dos cursos, mail a matricula@folque.com ou no +34 881 031 829

www.folque.com






Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-11-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer