Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VIII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.


O vindeiro sábado 14 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica no Retrouso de Samil (Vigo).

Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.
-20,00h. Recibimento no Retrouso de Samil (Vigo), mesmo a carón da bolera.

-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (cumprido cocido galego, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies).
-Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).


-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

Inscricións para a cea.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 10 de Novembro ao enderezo electrónico:
xuntanza_transeu@hotmail.com.

Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 23 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 3 Euros.

Ingreso na conta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia. Especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a.
Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Nota importante: se queredes ficar a durmir, podedes reservar persoalmente praza no Hotel Praia Santa Baia (www.hotelpraiasantabaia.com), a 500 m. do Retrouso, que nos axeita un prezo especial para o Alcuentru de
20 €/persoa en habitacións compartidas (3, 4, 5...). Preguntade por Paz no 986 214 133, polas mañás.

Máis información en xuntanza_transeu@hotmail.com, ou no teléfono 657 209 731 (Guillerme).

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Non vou dicir que sexa culpa dunha organización ou doutra pero non po#blgtk08#do entender como facedes coincidir a organización desto ca do DUF!!!!
Comentario por Edu (04-11-2009 12:42)
2 Pois fíxate na axenda porque ese día... será por cousas.

Os que veñan de Asturias polo menos poderán aproveitar m#blgtk08#oi ben toda a fin de semana na Galiza.

Encontro, DUF, Mostra Inmaterial, Seráns, magostos, concertos,...
Comentario por Henrique (04-11-2009 14:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer